Nun principio, fixeronlle ver á opinión pública que tal acción era do
demo, e que había que impedila como foran, inclusive cun recurso perante
do Tribunal Constitucional.
Pero nun intre dado, a prensa informou do apresamento do lider Kurdo, e
a opinión de boa parte do mundo foi a de apoio a ese povo. Entón, os
españois non tiveron máis que achantar, pois o demo, convertiuse nun
anxo.
Por ese entón, vendo o "telediario" da televisión do estado español,
sorpendeume o comentario do presentador, no que informaba de quenes son
os kurdos. Mais ou menos dixo o seguinte: os kurdos son un povo cunha
lingua e unha cultura propia que buscan o seu sitio no mundo; son unha
nación sen estado.
¡Carallo, o que se escoita na televisión española!. Recoñecen o dereito
de autodeterminación dos povos. Eso si, de portas pra fora. ¡HIPOCRITAS!
E digo eu, Galiza, Euskalerria, Catalunya, ¿non son un povo cunha
lingua, unha cultura, unha tradición e unha situación económica propia?
¿Non somos un povo colonizado, no que se explota a riqueza pra levala
fora? ¿Non somos unha nación sen estado?
--
Saude.
.....
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
Galegos, pasadevos por "soc.culture.galiza"
http://www.arrakis.es/~minhoca (¡Manda carallo!, cousas da Galiza)
Ciberirmandades http://valbuena.fis.ucm.es/~camilor
Netscape en galego xa dispoñible-proxecto XIS: http://xis.vieiros.com
mailto:min...@arrakis.es
.....