Google Groups no longer supports new Usenet posts or subscriptions. Historical content remains viewable.
Dismiss

Financiamento dos concellos galegos

2 views
Skip to first unread message

Miñoca

unread,
Feb 26, 1999, 3:00:00 AM2/26/99
to
Estase a negociar o sistema de financiamento municipal para o próximo
quinquenio, e segundo o semanario "A Nosa Terra" (de onde está sacado
todo o que segue), os concellos galegos receben un 35% menos que a media
estatal.

Os concellos galegos tiñan no ano 1996 un orzamento medio por habitante
de 57.395 pesetas, mentres que a média estatal era de 87.219 pesetas.
Estas case 30.000 pesetas de diferencia indican que Galiza recebe un
34,2% menos que a media estatal. Coa aplicación destes criterios as máis
beneficiadas son as grandes povoacións, en prexuicio dos pequenos
municipios. Sobre todo as cidades de máis de 500.000 habitantes (Galiza
non conta con nengunha), que reciben tres veces máis diñeiro por
habitante que a maioria dos municipios galegos. Estes parámetros
distributivos vixentes até 1999 foron consensuados en tempos do PSOE coa
Federación Española de Municipios e Provincias, que estaba presidida por
Francisco Vázquez, o alcalde da Coruña. Pero esta diferéncia vai ir en
aumento se se aproba o sistema de financiamento que o Governo central
propón para o próximo quinquénio.

Pra Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a nosa nación
sae moi perxudicada co sistema vixente. A FEGAMP decidiu presionar, pero
o borrador do proxecto que deixou Mariano Raxoi no ministerio de
Administracións Públicas ainda é máis perxudical para Galiza "ao non
terse en conta as peculiaridades e especiais consdicións dos concellos
galegos como a extensión e os núcleos de povoación".

Galiza conta con case 30.000 entidades de po-voación, das ainda non
62.000 que ten todo o estado. Desde a FEGAMP afirmase que este reparto
non é xusto nen equitativo por canto non se teñen en conta os problemas
de xestión que para os concellos galegos supón o ter unha infinidade de
lugares, que se traduce, lóxicamente nun importante aumento no custe dos
servicios, que non se ve compensado por nengunha outra partida nos
Orzamentos do Estado.

A razón aportada polo Ministério de Economia e Facenda para non ter en
consideración a proposta dos concellos galegos é a de que as entidades
de povoación (lugares) é unha particularidade própria e singular de
Galiza, e que neste fondo non se poden englobar as particularidades de
cada unha das Comunidades Autónomas.

A FEGAMP reuniuse cos distintos grupos parlamentarios galegos, e os
catro voceiros estiveron dacordo en asumir os informes e propostas da
FEGAMP. Pero cando se reuniu o Consello Federal da FEGAMP, o PP opúxose
a que se realizase unha declaración conxunta no Parlamento Galego sobre
o financiamento, "porque non ten nada que dicer sobre a matéria". Desde
o PP téntase que os seus alcaldes non entren en conflicto coa dirección
do PPdG. Tamén tentan salvar a Mariano Rajoi.

Non existe unha lóxica proporcionalidade entre as competencias que teñen
que asumir os municipios galegos e os recursos financeiros dos que
dispoñen para levalas a cabo. A política estatal está a primar ás
grandes cidades. Somos un lugar diferente, cunha ordenación territorial
que nos define como nación singular. Mais as nosas peculiaridades nunca
lle importaron ao Estado á hora de planificar a sua política até o ponto
de que o Governo do PP se nega a tomar en consideración as propostas dos
concellos galegos porque Galiza seica é "un sitio distinto".

Pouco importa que ainda haxa núcleos sen lus eléctrica, lugares sen
estradas, parroquias enteiras sen traidas de augas ou deficientes,
pagadas polos próprios veciños a escote, que o saneamento no rural sexa
nulo e tamén o alumeado público, que non existan centros sociais,
culturais e deportivos, que os concellos teñan que pagar taxis para
levar a alguns rapaces á escola porque non entran os autobuses polos
camiños, que o lixo ande escarriado polas corredoiras ao non haber
recollida, que se vertan sen depurar a rios e mareas, que o pavimento
das ruas sexa o bulleiro no inverno e o pó no vran, que non existan
bibliotecas públicas ou que abran unicamente a horas intespectivas para
as xentes das parróquias.

Parametros Actual sistema Proposta Ministerio Proposta FEGAMP
Povoación 65% 75% 65%
Esforzo fiscal 15% 14% 15%
Territorio 10%
Nucleos povoación 10% 10%
Capacidade tributaria 8,5%
Unidades escolares 2,5%
Superficie 10%


--
Saude.
.....
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
Galegos, pasadevos por "soc.culture.galiza"
http://www.arrakis.es/~minhoca (¡Manda carallo!, cousas da Galiza)
Ciberirmandades http://valbuena.fis.ucm.es/~camilor
Netscape en galego xa dispoñible-proxecto XIS: http://xis.vieiros.com
mailto:min...@arrakis.es
.....


edigoeu

unread,
Feb 26, 1999, 3:00:00 AM2/26/99
to
=?iso-8859-1?Q?Mi=F1oca?= wrote:
>
> Pra Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a nosa nación
> sae moi perxudicada co sistema vixente. A FEGAMP decidiu presionar, pero
> o borrador do proxecto que deixou Mariano Raxoi no ministerio de
> Administracións Públicas ainda é máis perxudical para Galiza "ao non
> terse en conta as peculiaridades e especiais consdicións dos concellos
> galegos como a extensión e os núcleos de povoación".
>
> Galiza conta con case 30.000 entidades de po-voación, das ainda non
> 62.000 que ten todo o estado. Desde a FEGAMP afirmase que este reparto
> non é xusto nen equitativo por canto non se teñen en conta os problemas
> de xestión que para os concellos galegos supón o ter unha infinidade de
> lugares, que se traduce, lóxicamente nun importante aumento no custe dos
> servicios, que non se ve compensado por nengunha outra partida nos
> Orzamentos do Estado.
>
> A razón aportada polo Ministério de Economia e Facenda para non ter en
> consideración a proposta dos concellos galegos é a de que as entidades
> de povoación (lugares) é unha particularidade própria e singular de
> Galiza, e que neste fondo non se poden englobar as particularidades de
> cada unha das Comunidades Autónomas.

Vaites, vaites. Daquela que fazemos? Independência?


0 new messages