Programa de Mareas da RedeNasa.tv

0 views
Skip to first unread message

RedeNasa.tv

unread,
Jun 27, 2010, 6:10:01 PM6/27/10
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 28 de xuño ao 5 de xullo

Nanonasa
Nanonasa

Do 28 de Xuño ao 9 de Xullo / Do 12 ao 23 de Xullo

Mercar entradas

110 € | Tripulación/varios irmáns: 90 €

Por segundo ano, a NASA organiza un campamento urbano de verán centrado en actividades relacionadas co teatro, a música, o cine, o movemento e o deporte. Trátase de que os nenos e as nenas participantes coñezan o mundo das artes escénicas desde dentro do propio teatro, que teñan un contacto directo cos artistas e, sobre todo, que o pasen ben mentres están connosco. Sigue lendo

Ultranoite
Ultranoite Antolóxica II

Venres 2, Sábado 3 de Xullo ás 23,00h.

Mercar entradas

12 € | Estud/parad/xub/discap: 10 € | Adiantada internet: 10 €

Xa podemos adiantar algúns dos nomes que van formar parte desta segunda Ultranoite Antolóxica, un repaso histórico a esta revista radical da actualidade que vai cumprir dezaoito anos sobre o escenario da NASA. Entre outros, nesta segunda fin de semana, actuarán Carlos Blanco, Paula Carballeira, Duelirium Circus, Simone Negrín (ese Berlusconi!!!), Marta Pazos, Clara Gayo, Pepa Yáñez, Arantza Villar, Natalia Outeiro, Iria Pinheiro e Marcos Ptt. Por suposto, os Chévere non poden faltar (Miguel de Lira, Manuel Cortés, Patricia de Lorenzo, Xron). E a Ultrabanda vaise reforzar convenientemente para esta ocasión, todo un luxo de músicos como Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Marcelino Galán, Manuel Cebrián ou Miguel Cabana. Sigue lendo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages