|
Programación do 25 de abril ao 2 de maio
|
Abril 27 Mércores ás 21,30h.
5 € | Tripulación de balde
Dentro da programación vencellada á actividade da OMEGA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia), presentamos a este cuarteto de cordas formado para a ocasión, disposto a crear e executar música en acción, baseada na inmediatez, no automatismo violento e xestual, coma un dripping sonoro e performativo. Sigue lendo
|
Xoves 28 de abril ás 21,30 h.
15 € | Adiantada (Tenda A Reixa, Gong, Redenasa.tv): 12 €
Sex Museum é unha das bandas máis sólidas da música independente española, con máis de vinte anos en activo. Acompañados polos composteláns Samesugas, estarán na Nasa para presentar o seu novo traballo Again and Again. Sigue lendo
|
Abril 29 Venres ás 21,30h.
10 € | Estud/parad/xub/discap: 8 € | Adiantada (Tenda A Reixa, Gong, Redenasa.tv): 8 €
"A Tribu" é o proxecto eléctrico de Xacobe Martínez Antelo. Unha volta ás raíces. Unha mirada ó rock, ó funk, ó hiphop, ó groove, pero sen esquecer todo este camiño percorrido polo jazz, pola improvisación e pola creación musical colectiva. É unha ocasión de revisitar o Songbook persoal de Xacobe Martínez, así como a oportunidade de adentrarse en novos terreos compositivos. Nesta ocasión compartirán escenario con Juanito Broders: rap feito en Santiago. Sigue lendo
|
Abril 30 Sábado ás 21,30h. | Maio 1 Domingo ás 20,00h.
10 € | Estud/parad/xub/discap: 8 € | Adiantada internet: 8 €
Iker Gómez traballa nas súas obas con danza, con música en directo, con vídeo aplicado á escena e cunha inevitable dose de humor. Con todo isto crea pezas de teatro ou danza contemporáneas, feitas coa necesaria distancia e con bastante lucidez para interesar e conectar co público. Apple Love fala dese amor total de consumo rápido que nos venden como imprescindible. Mestura baladas heavis con telenovelas, publicidade de contactos con documentais de animais. E conta coa participación de Rut Balbís, de Pisando Ovos. Sigue lendo
|