Programa de Mareas da RedeNasa.tv

0 views
Skip to first unread message

RedeNasa.tv

unread,
Sep 20, 2010, 6:10:01 PM9/20/10
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 21 de setembro ao 28 de setembro

Berri Txarrak + Machina
Payola Tour 2010 - 2011

24 de setembro de 2010 ás 21:30 h.

15 € | Adiantada (Santiago: Discos Gong, Tenda a Reixa; Vigo: Cantina Candela; Redenasa.tv): 12 €

Berri Txarrak é xa todo un clásico do rock vasco que conta xa con máis de 15 anos de traxectoria. Téñenos aplaudido en Tokio, Managua e Berlín, e o 24 de setembro tocarán na Nasa como parte da xira que están a realizar para presentar o seu sexto traballo: Payola. Sigue lendo

Roberto G. Alonso
UL / Inmérita solitudo

Sábado 25 de Setembro ás 21,30h. e Domingo 26 ás 20,00h.

9 € | Estud/parad/xub/discp: 7 € | Internet: 8 €

Iniciamos a tempada presentando un dos seis espectáculos de danza seleccionados para circular pola Rede de Teatros Alternativos. Trátase dun traballo que toma como punto de partida un vídeo-danza para explorar as relacións entre o espazo, a arquitectura, o corpo e o movemento xerado. Unha oportunidade para coñecer o labor dun coreógrafo leonés cunha longa traxectoria profesional, colaborador de grupos como The Chancletes, de artistas da pura contracultura como La Terremoto de Alcorcón ou de figuras consagradas como Pedro Almodóvar. Sigue lendo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages