Abril 1 Venres, 2 Sábado ás 21,30h. | 3 Domingo ás 20,00h.
10 € | Estud/parad/xub/discap: 8 € | Adiantada internet: 8 €
Encontros é un espectáculo no que se investiga na procura dun novo código escénico, alimentado de traballo físico, entre a danza e o novo circo. Encontros refírese non só a un encontro entre dúas persoas. Encontros fai referencia ó encontro físico, ó encontro emocional, ó desencontro ou o encontro coma xuntanza entre contrarios, e tamén o encontro dunha linguaxe propia e diferente desta compañía no panorama teatral galego. E por suposto, supón o encontro entre dous artistas singulares como Fredi "Circanelo" e Pablo "Trasno". Sigue lendo