Programa de Mareas da RedeNasa.tv

2 views
Skip to first unread message

RedeNasa.tv

unread,
Dec 12, 2010, 6:10:02 PM12/12/10
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 13 de decembro ao 20 de decembro

Seráns da Nasa
Seráns da Nasa

Xoves 16 de decembro ás 21,00 h.

2 € | Tripulación de balde

Nesta oitava tempada os Seráns da NASA consolídanse coma unha cita ineludible para os amantes do baile e a música tradicionais de toda Galiza. Valses, muiñeiras, pasodobles, xotas e outros ritmos bailables co sabor da terra encherán as noites da Nasa un xoves ao mes. Sigue lendo

Ultranoite
Ultranoite Anuario 2010

Venres 17, sábado 18 e sábado 25 de decembro de 2010 ás 23,00 h.

12 € | Estud/parad/xub/discap: 10 € | Adiantada internet: 10 €

Xa temos preparados moitos dos ingredientes para a Ultranoite Anuario 2010 e andamos a cociñalos. De momento, podémosvos adiantar que desta quenda contaremos Arantza Villar e Mónica García, ademais, como non, dos Chévere. Tampouco faltarán Pepa Yáñez e Iria Pinheiro, que andan a argallar unha homenaxe á finada Ana Kiro. Os que veñades á Ultranoite veredes en primicia aos afamados artistas multimedia portugueses "Rui e Nuno, o dúo máis oportuno", que non son outros que Carlos Meixide e Tomás Lijó estreando novos personaxes. Rui e Nuno, adiántannos, son conhecidos polo trabalho no campo da transliteralidade e pola famosa brincadela de "barulho", que os meninos e meninas portuguesas estudam actualmente en segundo de primaria, o que os converte no primeiro duo cómico-intelectual portugués con presença nos libros de texto. Máis información sobre a Ultranoite en días vindeiros. Sigue lendo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages