Marzo 18Ve, 19Sá, 20Do, 26Sa, 27Do. Venres ás 20,00h. Sábados e Domingos ás 18,00h.
Venres, Sábados e Domingos: 15€ | Estud/parad/xub/discap: 12€ | Adiantada internet: 12€
Chévere remata o seu proxecto máis ambicioso e innovador con esta entrega íntegra e completa das tres partes que compoñen a saga Citizen. Un espectáculo que é a suma das tres obras estreadas durante a tempada, e que nos ofrece a posibilidade de mergullarnos dun tirón na historia de A.O. e Sara. Un novo formato teatral para a carteleira galega. Un reto e unha oportunidade para o público. Un luxo para nós. Tres horas de teatro feito a pé da realidade para gozar en compañía. Sigue lendo