Programa de Mareas da RedeNasa.tv

4 views
Skip to first unread message

RedeNasa.tv

unread,
May 29, 2011, 6:10:01 PM5/29/11
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 30 de maio ao 6 de xuño

Obradoiro do espectador
Obradoiros maio e xuño

Venres 20 e sábado 21 de maio | Luns 30 de maio e venres 3 de xuño.

8 € | Tripulantes e centros socioculturais de teatro e lectura: 3 €. Os obradoiros inclúen a entrada á función.

A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta Obradoiro do Espectador, unha proposta do Grupo Chévere, compañía residente na Sala Nasa. No Obradoiro do espectador podes coñecer diferentes propostasde arte escénico en compañía de profesionais. É unha inmersión creativa nas sesións didácticas, debates e coloquios. Sigue lendo

El Canto de la Cabra
Tierra pisada, por donde se anda, camino

Xuño 1 mércores, 2 xoves ás 21,30h.

10 € | Estud/parad/xub/discap: 8 € | Adiantada internet: 8 €

Elisa Gálvez e Juan Úbeda formaron parte da escena madrileña durante máis de quince anos como artistas e como promotores dunha das salas máis singulares da cidade, reflexo dun compromiso vital e político co oficio teatral e coa creación contemporánea. Despois dun período de retiro e reflexión, volven aos escenarios para presentar esta peza, produto dun traballo de investigación moi persoal, que tamén é un resumo vivencial moi íntimo da súa traxectoria. Sigue lendo

Cía. Janet Novás
Cara pintada, o salto da rá e outra pequenas historias

xuño 3 venres, 4 sábado ás 21,30h.

8€ | Tripulación: 5€

Con este traballo de Janet Novás abrimos unha nova edición deste ciclo de danza contemporánea, co que tratamos de poñer en valor algunhas das creacións máis salientables da escena galega. Esta obra non pretende iniciar unha procura en ningún tempo pasado nin futuro, só pretende situarse fronte ao espectador como cando o pintor se enfronta a un lenzo en branco e da renda solta ao seu imaxinario a partir da primera pincelada. Sigue lendo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages