Programa de Mareas da RedeNasa.tv

4 views
Skip to first unread message

RedeNasa.tv

unread,
May 1, 2011, 6:10:01 PM5/1/11
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 2 de maio ao 9 de maio

Concerto Flotilla da Liberdade II
BDS - Galiza

Mércores 4 de maio ás 21,30 h.

Entrada única 5 € (poderanse realizar doazóns voluntarias no propio concerto)

O Concerto Flotilla da Liberdade II, organizado por BDS - Galiza traerá á Nasa a Quempallou e The Homems, ademais dunha intervención especial de García MC, que estará con nós para clausurar a festa. Presentará Carlos Blanco. Sigue lendo

Seráns da Nasa
Seráns da Nasa

Xoves 5 de maio ás 21,00 h.

2 € | Tripulación de balde

Nesta oitava tempada os Seráns da NASA consolídanse coma unha cita ineludible para os amantes do baile e a música tradicionais de toda Galiza. Valses, muiñeiras, pasodobles, xotas e outros ritmos bailables co sabor da terra encherán as noites da Nasa un xoves ao mes. Sigue lendo

Harley Hyde + Criying Wolf
Harley Hyde + Crying Wolf

Venres 6 de maio ás 21,30 h.

Entrada única 4 € (Redenasa.tv, Discos Gong, Bar Brooklyn, Tatuaxes Sagrado Corazón)

Harley hyde nace a principios do ano 2009 na cidade de Santiago de Compostela cando Ángel Hyde e Izzy Harley abandonan o grupo de versións no que os dous tocaban para formar a súa propia banda; Harley Hyde, con influenzas de Hard rock, Glam metal, etc. Comezan tocando en acústico dando conciertos de escasa relevancia. Máis tarde deciden incorporarlle ritmo ao seu grupo, isto provoca a entrada de M.J. Thunder á batería e logo do fugaz paso de varios baixistas, entra na banda MR. Bassbeat. Sigue lendo

Ultranoite
Ultranoite Retrofuturista

Maio 7 Sábado ás 23,00h.

12 € | Estud/parado-as/xub/discap: 10 € | Adiantada internet: 10 €

Coincidindo coa celebración en Compostela de L'Extraordinaire Uchronie, un evento cidadán steampunk e retrofuturista que terá lugar ao longo de todo o día 7 de maio, a Nasa propón á tripulación unha ultranoite para imaxinar como imaxinariamos o futuro de ter podido facer un cabaré en Compostela a finais do século XIX. Ou como imaxinamos que sería o presente se o vestimos coas roupas do pasado. Sigue lendo

Galiza non se vende
Concerto GNSV

Domingo 8 de maio ás 17,30 h.

Entrada única 5 €

A terceira caravana de concertos "Galiza non se vende" ponlle fin ao seu percorrido na Nasa cunha festa concerto, para a que contaremos con Güintervan e GalegoZ, e cos Berrobambán como conductores do espectáculo. Sigue lendo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages