|
Programación do 23 de maio ao 30 de maio
|
Venres 20 e sábado 21 de maio | Luns 30 de maio e venres 3 de xuño.
8 € | Tripulantes e centros socioculturais de teatro e lectura: 3 €. Os obradoiros inclúen a entrada á función.
A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta Obradoiro do Espectador, unha proposta do Grupo Chévere, compañía residente na Sala Nasa. No Obradoiro do espectador podes coñecer diferentes propostasde arte escénico en compañía de profesionais. É unha inmersión creativa nas sesións didácticas, debates e coloquios. Sigue lendo
|
Mércores 25 de maio ás 21,30 h.
15 € | Adiantada (Tenda A Reixa, Gong, Redenasa.tv): 12 €
Se che gusta The Cure, con toda seguridade gozarás co concerto de The Exploding Boys, un dos mellores grupos de tributo á banda de Robert Smith que existen nos nosos tempos: un repaso ao repertorio de The Cure durante os seus trinta anos de vida. Sigue lendo
|
Xoves 26 de maio ás 21,30 h.
10 € | Adiantada (Redenasa.tv, Gong, Tenda A Reixa): 8 €
O grupo santiagués de rap Malandrómeda recalará na Nasa para presentar, acompañado de L.A.R. Legido, un maxisingle que vén como adianto do LP que están a preparar. O maxi contén 2 temas novos, rapidiños e cun sabor a rocanrol desfigurado. Ademais inclúe as remesturas que fixeron produtores do calibre de Kaze e Mou, que levan os temas a outra dimensióne que supón todo un privilexio para o dúo compostelán. E, como non, tamén contén un par de pistas extra para os DJs.O soporte, un elegante vinilo branco, foi publicado por temazo.org Sigue lendo
|
Venres 27 de maio ás 21,30 h.
15 € | Adiantada (Tenda A Reixa, Gong, Redenasa.tv): 12 €
Logo de case dez anos de traxectoria musical, Poncho K vén de publicar "Una historia con las manos", un traballo consistente e brillante que conta con colaboracións de persoeiros da talla do poeta Marcos Ana, o músico Rubén Pozo (Pereza) e a cantante María Malapinta. O 27 de estará na Nasa para presentarnos este novo álbum. Sigue lendo
|
Domingo 29 de maio ás 20,00 h.
Entrada única 3 € (redenasa.tv, discos Gong, billeteira Sala Nasa)
Membros de Down Compostela, do Instituto de Pontepedriña e de Eduación Social participan nesta versión do clásico de Shakespeare. A obra está financiada por La Caixa e forma parte do programa de integración de Down Compostela. Sigue lendo
|