Programa de Mareas da RedeNasa.tv

2 views
Skip to first unread message

RedeNasa.tv

unread,
May 8, 2011, 6:10:02 PM5/8/11
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 9 de maio ao 16 de maio

Revista Núa nº 2
II Encontro de procesos de creación escénica

Maio 11 mércores ás 21,30h.

Entrada de balde

A revista Núa aproveita a presentación do seu número 2 para realizar o II Encontro de procesos de creación escénica, con participación de Begoña Cuquejo, Funboa Escénica, Fran Buceta, María Roja, Berio Molina, Joshua McCarey, Alberte Viveiro, Borja Salgado e Carlos Vidal. Tamén se presentará a edición de Agorafobia, texto de Clara Gayo recén editado en Ultratextos. Sigue lendo

Banda Crebinsky
Banda Crebinsky

Xoves 12 de maio ás 21,30 h.

10 € | Adiantada (Redenasa.tv): 8 €

A Banda Crebinsky estará na Nasa presentando o disco que esta formación acaba de editar coa banda sonora da película Os Crebinsky e outros temas adicionais. Acompañaranos as voces de Patricia de Lorenzo, Sergio Zearreta, Miguel de Lira, Tony Lomba e Pulpiño Viascon. Mergúllate con eles no universo das crebas. Sigue lendo

Arrepentimentos de Padrón
Sapiens Sapiens Sapiens

Venres 13, sábado 14, xoves 19, venres 20 e sábado 21 de maio ás 21,30 h., domingos 15 e 22 de maio ás 20,00 h.

10 € | Estud/parad/xub/discap: 8 € | Adiantada internet: 8 €

Arrepentimentos de Padrón, a compañía formada por Antón Coucheiro e Borja Fernández no 2002, presenta na Nasa o seu espectáculo Sapiens Sapiens Sapiens, unha mestura de linguaxes escénicas con influenza do cinema de ciencia ficción e toques de humor negro. Sigue lendo

RedeNasa.tv

unread,
May 15, 2011, 6:10:01 PM5/15/11
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 16 de maio ao 23 de maio

Arrepentimentos de Padrón
Sapiens Sapiens Sapiens

Venres 13, sábado 14, xoves 19, venres 20 e sábado 21 de maio ás 21,30 h., domingos 15 e 22 de maio ás 20,00 h.

10 € | Estud/parad/xub/discap: 8 € | Adiantada internet: 8 €

Arrepentimentos de Padrón, a compañía formada por Antón Coucheiro e Borja Fernández no 2002, presenta na Nasa o seu espectáculo Sapiens Sapiens Sapiens, unha mestura de linguaxes escénicas con influenza do cinema de ciencia ficción e toques de humor negro. Sigue lendo

Obradoiro do espectador
Obradoiros maio e xuño

Venres 20 e sábado 21 de maio | Luns 30 de maio e venres 3 de xuño.

8 € | Tripulantes e centros socioculturais de teatro e lectura: 3 €. Os obradoiros inclúen a entrada á función.

A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta Obradoiro do Espectador, unha proposta do Grupo Chévere, compañía residente na Sala Nasa. No Obradoiro do espectador podes coñecer diferentes propostasde arte escénico en compañía de profesionais. É unha inmersión creativa nas sesións didácticas, debates e coloquios. Sigue lendo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages