Venres 17, sábado 18 e sábado 25 de decembro de 2010 ás 23,00 h.
12 € | Estud/parad/xub/discap: 10 € | Adiantada internet: 10 €
Xa temos preparados moitos dos ingredientes para a Ultranoite Anuario 2010 e andamos a cociñalos. De momento, podémosvos adiantar que desta quenda contaremos Arantza Villar e Mónica García, ademais, como non, dos Chévere. Tampouco faltarán Pepa Yáñez e Iria Pinheiro, que andan a argallar unha homenaxe á finada A. K. Os que veñades á Ultranoite veredes en primicia aos afamados artistas multimedia portugueses "Rui e Nuno, o dúo máis oportuno", que non son outros que Carlos Meixide e Tomás Lijó estreando novos personaxes. Rui e Nuno, adiántannos, son conhecidos polo trabalho no campo da transliteralidade e pola famosa brincadela de "barulho", que os meninos e meninas portuguesas estudam actualmente en segundo de primaria, o que os converte no primeiro duo cómico-intelectual portugués con presença nos libros de texto. Confirmáronnos tamén que para a ocasión poderemos contar cunha mensaxe especial do rei, ou de alguén que se lle
parece. Máis información sobre a Ultranoite en días vindeiros. Sigue lendo