Programa de Mareas da RedeNasa.tv

0 views
Skip to first unread message

RedeNasa.tv

unread,
Feb 20, 2011, 6:10:01 PM2/20/11
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 21 de febreiro ao 28 de febreiro

Paul Ansell + Los Ruines
Love Conquers All

Mércores 23 de febreiro ás 21,30 h.

15 € | Adiantada (Tenda A Reixa, Gong, Redenasa.tv): 12 €

Paul Ansell, un dos músicos máis destacados da escena rockabilly inglesa, xunto con artistas como Darrel Higham e Imelda May, recala na Nasa para presentarnos o seu último disco, Love Conquers All, e trae a los Ruines como grupo convidado. Será o mércores 23 de febreiro a partir das 21,30 h. Esperámoste! Sigue lendo

Bush Doctors + Skarallaos
Bush Doctors + Skarallaos

Febreiro 24 Xoves ás 21,30h.

10 € | Adiantada (Tenda A Reixa, Gong, Redenasa.tv): 8 €

Bush Doctors son a banda de reggae máis veterana de Galicia e agora deciden volver aos escenarios despois de tres anos sen actuar en directo. A súa presentación na NASA será unha boa maneira de comprobar o seu estado de forma. Sigue lendo

Wyoming & Los Insolventes
España se lo merece

Febreiro 25 Venres ás 21,30h.

15 € | Adiantada Discos Gong Santiago, A Reixa, Redenasa.tv: 14 €

Wyoming, o coñecido showman, humorista e presentador de televisión, despois de tantos anos dedicados en corpo e alma a España e á súa audiencia televisiva, por fin decide centrarse no que realmente sabe facer: rock&roll, acompañado por un grupo de amigos Insolventes. Por que? Porque España o merece. Sigue lendo

Macarena Recuerda Shepherd
That's The Story Of My Life

Sábado 26 de febreiro ás 21,30 h. e domingo 27 ás 20,00 h.

9 € | Estud/parad/xub/discap: 8 € | Internet: 8 €

That’s the story of my life é unha autobiografía. Un filme realizado en directo. Unha experiencia diferente. O seu obxectivo é crear un álbum de familia sen familia. Atopar nos diferentes soportes visuais unha narración diferente. Valerse de imaxes ou de imaxes-texto para deseñar unha tipoloxía autobiográfica, a autobiografía visual, que alén do autorretrato establece un novo nexo entre o autor, a vida e a descrición desta. Sigue lendo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages