Programa de Mareas da RedeNasa.tv

1 view
Skip to first unread message

RedeNasa.tv

unread,
Jun 15, 2010, 12:52:06 PM6/15/10
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 15 de xuño ao 22 de xuño

Parto Trío
Dez anos de Parto

Mércores 16 de Xuño ás 21,30h.

Mercar entradas

5 €

As sesións vibracionais do TPS (Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro) constitúen un ciclo centrado na investigación da riqueza da improvisación libre, así como na articulación e despregue do inmenso potencial do proxecto O.m.e.ga (Orquestra de Música Espontánea de Galiza). Como peche desta tempada, a NASA vai xuntar de novo a Patxi Valera, LAR Legido e Pablo Rega para celebrar o décimo aniversario de Parto, unha formación que foi o motor vibracional de moitas das iniciativas relacionadas coa improvisación musical en Galiza nos últimos dez anos. Sigue lendo

Dios Ke Te Crew
Dios Ke Te Crew

Xoves 17 de Xuño ás 21,30h.

Mercar entradas

10 € | Adiantada (A Reixa, web nasa): 8 €

Coa actuación de DKTC pechamos o ciclo de concertos agrupados baixo o nome de Redenasa.son, unha iniciativa da NASA para apoiar a difusión e o desenvolvemento dos proxectos musicais galegos máis salientables da actualidade xurdidos arredor das músicas POPulares. Desde o mes de Novembro de 2009, xa pasaron por esta rede sónica bandas como O Sonoro Maxín, Pescando em Copacaba, The Homens, Novedades Carminha, Projecto Mourente, Yoplay, Taru & Zamaramandi, Os Tres Trebóns, Radio Océano e Transilvanians. Sigue lendo

Circonasa
Circo á feira

Venres 18 de Xuño, Sábado 19 de Xuño ás 23,00h.

Mercar entradas

9 € | Estud/parad/xub/discp: 7 € | Internet: 8 €

Circo á Feira é unha mostra do que se coce no caldeiro do Novo Circo Galego, un espectáculo que xunta as mellores creacións made in Galicia, un cabaré de artistas para financiar a nave de Circo Nove, unha reunión de profesionais e de públicos. A falta de financiamento público, poñemos en marcha o concepto de Financiamento do Público. Será unha festa de tod@s para deleitarse coa mellor gastronomía circense... pero NON É A FESTA DO CIRCO!! Sigue lendo

RedeNasa.tv

unread,
Jun 20, 2010, 6:10:01 PM6/20/10
to RedeNasa.tv

Programa de mareas

A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo Chévere e xestionada por artistas, sen intermediarios, nin axentes, nin funcionarios da cultura (non somos armadores, somos pescadores).

Programación do 21 de xuño ao 28 de xuño

Ultranoite
Ultranoite Antolóxica II

Venres 25, Sábado 26 de Xuño/Venres 2, Sábado 3 de Xullo ás 23,00h.

Mercar entradas

12 € | Estud/parad/xub/discap: 10 € | Adiantada internet: 10 €

Xa podemos adiantar algúns dos nomes que van formar parte desta segunda Ultranoite Antolóxica, un repaso histórico a esta revista radical da actualidade que vai cumprir dezaoito anos sobre o escenario da NASA. Entre outros, actuarán Mofa e Befa, Quico Cadaval, Paula Carballeira, Mónica García, Duelirium Circus, Simone Negrín (ese Berlusconi!!!), Marta Pazos, Clara Gayo, Pepa Yáñez, Arantza Villar, Natalia Outeiro, Iria Pinheiro e Os Tristáns. Por suposto, os Chévere non poden faltar (Miguel de Lira, Manuel Cortés, Patricia de Lorenzo, Xron). E a Ultrabanda vaise reforzar convenientemente para esta ocasión, todo un luxo de músicos como Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Marcelino Galán, Manuel Cebrián ou Miguel Cabana. Sigue lendo

Nanonasa
Nanonasa

Do 28 de Xuño ao 9 de Xullo / Do 12 ao 23 de Xullo

Mercar entradas

110 € | Tripulación/varios irmáns: 90 €

Por segundo ano, a NASA organiza un campamento urbano de verán centrado en actividades relacionadas co teatro, a música, o cine, o movemento e o deporte. Trátase de que os nenos e as nenas participantes coñezan o mundo das artes escénicas desde dentro do propio teatro, que teñan un contacto directo cos artistas e, sobre todo, que o pasen ben mentres están connosco. Sigue lendo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages