Boas!
Se recibes este mail significa que colaboraches connosco e que polo tanto xa formas parte da familia de Desenredando a Rede. Despois de case un ano de traballo, o programa do que ti tamén formas parte estréase este venres 14 ás 18:30 h. na TVG e terá unha periodicidade semanal.
Simplemente quería darche as grazas pola túa colaboración e por compartir os teus coñecementos e habilidades connosco e, a partir de agora, con todos os espectadores da Galega. Desenredando a Rede ten unha vocación que vai máis alá da TV e que quere estar vivo nas redes. Por iso agardo que nos sigades no FACEBOOK (www.facebook.com/DARTVG) e tamén no TWITTER (@DAR_TVG), para poder comentar as novidades do programa e tamén poder amosar as vosas.
Empezade a compartir, a postear e a twittear ben alto e claro que este venres 14 ás 18:30 h. comezamos!
Moitas grazas por facer posible Desenredando a Rede.
Un saúdo,
Ricardo Saavedra
Twitter: @ricard_saavedra
Director Desenredando a Rede
--
Has recibido este mensaje porque estás suscrito al grupo "Recuncho Maker - Compostela" de Grupos de Google.
Para anular la suscripción a este grupo y dejar de recibir sus mensajes, envía un correo electrónico a recunchomaker-compostela+unsub...@googlegroups.com.
Para publicar en este grupo, envía un correo electrónico a recunchomaker-compostela@googlegroups.com.
Para ver esta conversación en el sitio web, visita https://groups.google.com/d/msgid/recunchomaker-compostela/CAAQMSC8%2Bn32PEj7J8SCb1UEynHtr5-f%3DJ5fX_E8KXEjz5Oax%3Dg%40mail.gmail.com.
Para acceder a más opciones, visita https://groups.google.com/d/optout.