---------- Forwarded message ----------
From:
Mario Martínez <no-r...@recunchomaker.org>Date: 2018-04-27 23:52 GMT+02:00
De: Mario Martínez <
mario...@gmail.com>
Asunto: Invitación a colaborar
Cuerpo del mensaje:
Ola xente do recuncho maker. Acabo de coñecervos a través de meetup e desta páxina vosa ainda que xa oira falar de vos na casa do matadoiro fai un par de anos. Estou tratando de crear unha comunidade de xente interesada na innovación no ámbito da producción deslocalizada e sobre todo na resiliencia local. Pola miña parte estou especializado en temas de ferramentas moentarias que sirvan a estes fins e en activismo para tecer redes e crear comunidade en Compostela. Vamos a crear un nodo local da cooperativa global faircoop en Compostela e gustaríanos coñecer o que facedes e mirar formas de colaborar e axudarvos, se cadra xerando riqueza a través do faircoin que vos pode vir ben para o que facedes. Imos intentar ir ao xantar dev para conectarnos con máis xente innovadora, que poden enriquecer moito as nosas ferramentas (market, mapas, chats, foros, moedeiros dixitais, etc...). Vexo bastantes puntos en comun entre os dous proxectos como o afán de experimentar e o de avanzar o coñecemento humano ao servizo da xente mentres o pasamos ben, así que convídovos a pasar o próximo día 5 de maio, sábado, de 6 a 10 da tarde-noite pola casa do matadoiro que imos falar sobre faircoin e aprender sobre o tema das criptomoedas, ao mesmo que fundamos o nodo. Bueno, un saúdo e vémonos por Compostela.
--
Este mensaje se ha enviado desde un formulario de contacto en RecunchoMaker (
https://recunchomaker.org)