Ola xente!
Para mañan, rafa comentoume o tema de falar sobre python e cómo ter un entorno virtual de traballo.
A idea é aprender a traballar cas librerías de python instaladas, separadas nunha carpeta, para ter o tema de dependencias baixo control.
Con isto, podemos prepararnos para facer unhas xornadas de librerías python en xeral, como programación web, ou diseño de interfaces gráficos.
Por outra banda, esta semana estiven soldando un arduino micro. Agora teño que meterlle o bootloader, e estiven pensando que podemos facelo no recuncho en plan taller tamén, usando o buspirate.
Aqui máis ben o plantexo como un taller nos que todos podemos colaborar co tema, buscar o bootloader, conectar o programador, etc.
Ademáis, levarei arduinos cnc e drivers. Temos que confirmar con álvaro cando vai vir para organizarnos.
Qué vos parece? apetece?