Convocatoria Manifestación e Paro o xoves 10 de maio ás 12:00 contra os recortes na Universidade

1 view
Skip to first unread message

Antonio Pérez Casas

unread,
May 8, 2012, 5:37:31 AM5/8/12
to
Nota: Difundir este correo a todas as listas e persoas ás que teñades acceso, é moi importante conseguir que as manifestacións sexan un éxito.

Unha aperta, Antonio.

----------------------------------------------------------------------
Desde a Plataforma Unitaria pola Defensa da Universidade Pública
(PUDUP), plataforma integrada por colectivos de PDI, PAS e estudantes
así como por numerosas persoas a título individual;
http://www.pudup.org/, queremos manifestar o noso apoio á folga
estudantil convocada para o próximo 10 de maio contra os recortes e a
suba das taxas.

O propio Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela
na sesión celebrada o pasado día 27 manifestou de xeito claro e por
unanimidade o seu rexeitamento absoluto ao Real Decreto-Lei 14/2012, de
20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no
ámbito educativo. O texto acordado polo Consello de Goberno solicita a
retirada do citado Real Decreto-Lei ao prexudicar gravemente o modelo de
universidade pública, nel expóñense  con claridade os motivos de dito
rexeitamento polo que vos exhortamos a lelo.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2012_04/noticia_0147.html

Un dos obxectivos desta plataforma é convocar á comunidade universitaria
a participar na defensa e na mellora do sistema universitario como
servizo público de progreso e cohesión social. Por iso queremos alentar
á vosa participación activa NO PARO DE 2 HORAS QUE TERÁ LUGAR O PRÓXIMO
DIA 10 DE MAIO A PARTIR DAS 12:00 COINCIDINDO COAS MANIFESTACIÓNS
CONVOCADAS EN SANTIAGO E LUGO POLAS ORGANIZACIÓNS DE ESTUDANTES.

NOTA IMPORTANTE: Esta acordado coa Xerencia da Universidade que se
facilitará a participación de todo o persoal (PAS e PDI) nas
manifestacións (Santiago e Lugo) cun paro de dúas horas a partir das
12:00, nas mesmas condicións que cando hai asemblea de traballadores e
traballadoras.

Saúdos, Plataforma Unitaria pola Defensa da Universidade Pública (PUDUP)

  

Ana Isabel García Arias

unread,
May 24, 2012, 1:41:43 PM5/24/12
to pudu...@googlegroups.com

 

A propósito da unidade de acción: membros de PUDUP de Lugo estiveron na manifestación do 22 de Maio.

 

Un saúdo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages