Gracias Alba, sempre en positivo;
Realmente entendo perfectamente que sexa dificil manter criterios, se pode parecer ben ou mal secundar algo que non secundan todas as organizacións integrantes e todo iso; claro que hai que poñerse a elo, inda que son consciente da miña moi limitada implicación ao ser dificil que eu poida asistir a ningunha reunión polas tardes.
En todo caso, xornadas como a de onte, con todo o lexitimas que son, resultan un pouco penosas, e descolocannos a moita xente, que cremos que hai que gastar as enerxías en artellar mobilizacións unitarias; é fundamental moverno, e é fundamental sermos visibeis; calquera proposta que leve a inicativas así terá o meu apoio; ben, por onde empezamos a poñermos a elo?
2012/5/22 Alba.Nogueira <alba.n...@usc.es>
Fina, eu concordo con que a PUDUP debería participar nas mobilizacións que poida haber. De feito na miña mensaxe facía un chamamento a vernos e programar a nosa implicación buscando esa actuación unitaria. Poñémonos a elo?
Saudos
Alba
El 22/05/12 08:51, "Fina Guitian" <finag...@gmail.com <http://finag...@gmail.com> > escribió:
De todos os xeitos, eu non entendo que a PUDUP non respalde todas e cada unha das mobilizacións que se fagan para defender todos esos puntos que sinala Quique; de feito non entendo que os sindicatos non sexan capaces de manter posturas minimamente unitarias, pero bueno, nas cúpulas correspondentes saberán por qué é tan dificil poñerse de acordo. Eu irei á folga, cabreada por non estar a PUDUP e a CIG entre os convocantes porque son 2 colectivos aos que pertenzo, pero bueno, ben sei hai tempo que non sempre se pode estar de acordo con todo o que se decide nos órganos colectivos. Pero polo menos, quero expresar aquí claramente, que non o entendo.
2012/5/19 <alba.n...@usc.es <http://alba.n...@usc.es> >
Grazas Quique, só unha puntualización. A CIG é unha das catro forzas que ten presenza na Mesa Xeral de Universidades e non convoca a folga, como creo que tampouco o fai en Galiza a UGT.
Compartimos a análise da gravidade das medidas e apoiamos firmemente as mobilizacións do día 10 de maio. Non obstante expresámoslles aos sindicatos convocantes a dificultade de garantir un éxito desta folga en Galiza facendo a convocatoria con tan só 10 días de antelación e despois dunha ponte na maior parte dos centros de educación primaria e secundaria por mor das Letras galegas.
Creo que desde a PUDUP deberíamos manter nestes vindeiros días manter algunha reunión para ver de facer algunha outra mobilización unitaria facendo un esforzo de coordenación.
Apertas
Alba Nogueira
Estase citando Quique Macías <quique...@usc.es <http://quique...@usc.es> >: