Resumo da reunión da PUDUP do 12 de decembro

2 views
Skip to first unread message

Xose Antonio Rubal López

unread,
Dec 12, 2012, 12:42:00 PM12/12/12
to pudu...@googlegroups.com
Ola,

Hoxe tivemos a reunión da PUDUP en Santiago e Lugo e quedei encargado de transmitir os acordos á lista. Foron os seguintes:

# Situación na USC, claustro do día 19

En Lugo xa teñen convocada, a través da Encrucillada, unha asemblea aberta a toda a comunidade universitaria para debater sobre os puntos da orde do día do claustro do día 19. En Santiago acordamos facer tamén unha asemblea aberta, o día 18, ás 19:00 horas, nun lugar por determinar e que se anunciará na lista. A asemblea comezará cunha breve introdución que presente os temas (programación plurianual, liñas xerais dos orzamentos) para que despois quen o desexe pida a palabra e expoña a súa visión da situación e opine sobre as cuestións que se someten ao claustro. Os grupos e persoas que estean interesados na celebración da asemblea daranlle publicidade polos medios dos que dispoñan.

# Situación xeral e iniciativas da PUDUP

Analizouse a actividade da PUDUP ata o momento e a proposta de revitalización que se fixo desde a lista. Concordamos entre os asistentes en que a mecánica de traballo da plataforma foi excesivamente lenta e burocrática, sen restarlle valor á iniciativa.

Acordamos que en Santiago constituiríamos un grupo de persoas que organizase actos encamiñados a debater a situación que enfronta o ensino público e a sensibilizar aos membros da comunidade universitaria sobre a necesidade de darlle resposta aos ataques que está a vivir. Esta actividade desenvolverase en paralelo á dinámica unitaria que se pretende manter na PUDUP, aínda que a actividade do grupo seguirá a norma da iniciativa individual, para darlle máis axilidade.

Propúxose facer un par de actos en xaneiro, para debater sobre os recortes nas universidades e sobre as propostas de reforma da 'gobernanza' universitaria. A idea é que se trate de debates abertos, onde se convide a presentar a cuestión a dúas ou tres persoas con intervencións breves e se pase a tratar en aberto o tema do día. Convocarase unha reunión para coordinar a organización destes actos entre as persoas que desexen participar nesta nova iniciativa. 

En Lugo seguirán coa actividade da Encrucillada, como teñen feito ata o momento.

-- 
Xose Antonio Rubal López

Marcelo Maneiro

unread,
Dec 13, 2012, 7:14:41 AM12/13/12
to pudu...@googlegroups.com
Sobre a asemblea aberta do día 18, en Lugo vai ser ás 18:00 h e xa está anunciado a través da páxina de Na Encrucillada:
 
 
Estas páxinas están tendo agora un número de visitas alto (por exemplo, o blog tivo onte 165 visitas, e no facebook as súas entradas están tendo dende hai quince días unha difusión que supera os 700 usuarios únicos diarios de media). Cando en Santiago estea decidido onde se vai celebrar esa asemblea, subiremos tamén esta información á rede para utilizar este medio de difusión.
 
Un saúdo,
Marcelo
 
 
 
----- Original Message -----
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages