[ASEMBLEA PREVIA AO CLAUSTRO]

4 views
Skip to first unread message

Anxo Teixeiro Fernández

unread,
Dec 17, 2012, 10:52:22 AM12/17/12
to pudu...@googlegroups.com
Perdoade o retraso no deseño da convocatoria, mais pasounos de todo estes días, cando non aos dunha organización, aos doutra. Velaquí tendes un cartaz adxunto para difundir entre os vosos sectores, en redes sociais e un texto para webs ou demais. O cartaz fixérono os compañeiros de Acción Universitaria e o texto acabo de facelo eu, ou sexa que cadaquén ten a potestade de copiarmo para algún blogue ou web, ou facer un propio. O importante é traer xente.
Un saúdo.
 
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
 
Mañá martes 18, a comunidade universitaria da USC comprometida coa defensa do modelo público de universidade e preocupada pola perda de autonomía da institución consentida pola equipa de goberno de Casares Long ten unha cita ás sete da tarde na aula 0.1 da facultade de Ciencias Políticas.
A proposta do estudantado, e co apoio de profesorado, PAS, persoal investigador... debatiremos arredor da importancia da sesión do Claustro que terá lugar na Facultade de Medicina ao día seguinte. Nesa sesión someteranse a votación as liñas estratéxicas de programación plurianual e a proposta de orzamentos, sendo decisivos os resultados das votacións para o futuro da institución. Só hai dúas opcións, que a votación caia do lado da equipa reitoral e esta reciba un balón de osíxeno para avanzar no seu proceso de derrubamento da identidade pública e autónoma da institución, ou que a folla de ruta de Casares sexa emendada por enésima vez nesta lexislatura universitaria, na que aínda non pasaron nin unha soa proposta de orzamentos ou programación plurianual, obrigándoo a replantexarse a súa continuidade á fronte da nave de non dar un xiro de 180º ao seu pensamento, decidíndose a recuperar autonomía e converter a institución en ariete contra as políticas neoliberais, lesivas para PAS, profesorado e estudantado, impulsadas polo goberno de Alberto Núñez Feijoo e o ministerio de J.I. Wert.
O Claustro do 19 de decembro é de facto unha moción de confianza para o Reitor, na que temos que conseguir que a comunidade universitaria lle deixe claro en forma de rexeitamento, a súa censura ao duplo xogo polo cal di apoiar manifestos estatais a prol da universidade pública e contra as medidas do goberno, mentres exerce na USC como delegado do mesmo.
O dito, se queres coñecer a importancia real da cita do mércores, ou coñecéndoa queres aportar a túa opinión, pásate!
Asemblea PUDUP.png
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages