Valoro a sinceridade de Paco e de Jaime, e a raíz
do que este último escribe creo que está lonxe da
nosa maneira de actuar censurar opinións
expresadas con respecto, así que pola miña parte,
tranquilo, Jaime. Iso si, déixame preocupado o
comentario de Jaime respecto do sesgo que ao seu
entender está tomando a PUDUP, que en todo caso
non creo que sexa buscado. Particularmente, se
somos unha plataforma, e polo tanto plural, e
entendendo que os obxectivos que definen a mesma
(a defensa dunha universidade pública de calidade
dentro dun sistema digno de servizos públicos de
benestar social) son compartidos por persoas de
moi diversa ideoloxía ou militancia, considero
que deberiamos poñer o acento en intentar ver
como podemos atraer a máis xente á nosa acción. A
PUDUP montouse como unha plataforma, a ninguén se
lle pediu carnet nin manifestación da súa
ideoloxía, e cada quen traballa e implícase no
que quere en función da súa dispoñibilidade ou
interese, e todo isto implica que calquera persoa
que compartira o obxectivo anterior debería
sentirse cómodo entre nós para ir construíndo o
camiño que debemos andar. Ánimos no que temos por diante.
Fran Candia, desde Lugo