Máis falangullos no noso directorio

3 views
Skip to first unread message

podg...@gmail.com

unread,
Nov 21, 2008, 2:48:32 PM11/21/08
to podgalego
Cando os podcast galegos parecían ir esmorecendo, novos falangullos
agroman vizosos. Un deles non é unha novidade, máis ben un regreso
agardado longo tempo: RadioOceánica, o programa da Radio Galega que
rexe un dos nosos pioneiros nisto do falangullar, volve pór a andar a
distribución das emisión por podcasting, agora cun novo rss.
E a novidade-novidade é que Ghanito, rexedor do popular blog
Apocalipse do porco, levou a bo porto algo que levaba tempo a lle dar
voltas na cabeza, facer un falangullo: Falabarato vai tratar de
economía e tamén do que cadre, complementando así os contidos aos que
nos ten afeito no seu blog.
Benvidos pois estes novos falangullos e... mil falangullos máis para o
galego!!
http://podgalego.org/node/275
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages