Encontro galego podcasteiro

1 view
Skip to first unread message

O peñazo de Dans

unread,
Jan 11, 2008, 6:24:19 PM1/11/08
to podgalego
Boas a todos:
Como xa moitos de vós saberedes, estase a plantexar un encontro ou
quedada entre podcasters galegos, coa pretensión de estreita-los lazos
de amizade e unión entre nós, así coma compartir experienzas, e, en
xeral pasar un rato agradable na compaña do resto de podcasters. Esta
idea xa se puxera en prática enoutras rexións de Hespaña, con
resultados moi positivos.

Que vos parece a idea? Quen se apunta? Onde a facemos? Cando?

Moitas apertas a todos e todas (especialmente todas:)

uxio / ictioscopio

unread,
Jan 11, 2008, 6:35:08 PM1/11/08
to podg...@googlegroups.com
Ben! mola que empeces forte no grupo, falta fai :D

Si que andabamos pensando en facelo de paso que se facía unha presentación
máis ou menos pública de podgalego, así que nestes días a ver se alguén máis
se une ao grupo, se non, imos facemos os que sexamos e cunha convocatoria
pública nas novas de podgalego, igual se animan máis.

Ah, isto non é un grupo para ligar eh! :P (só de lo que surja)

Isaac González

unread,
Jan 12, 2008, 5:44:08 AM1/12/08
to podg...@googlegroups.com
Xenial!

Parece que estamos todos os podcasteiros en total sintonía :D Eu propoño que tentemos espallar algo máis o do grupo, para ter dentro polo menos aos que queren ir á xuntanza e despois porse de acordo na data e no lugar.

Apertas!!

2008/1/12, uxio / ictioscopio <ictio...@gmail.com >:
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages