Pois si, despois dunha longa ausencia, parece que dous podcasteiros
egrexios, retornan ao medio.
Por unha banda, seguindo co romance falangulleiro coa radio, María de
Mallou, pioneira nisto do podcasting galego co seu inesquecíbel
casatlántica, decidiu encasular as súas intervencións no Extrarradio
da Radio Galega e poñelo ao alcance de todos neste novo seu recuncho:
Mallou.
O outro retornado é Modesto del Río, que despois do xa mítico
Chuzanews! volve ao ataque con Podpailán, unha pílula de frikismo e
retranca sen paraxe.
Ben regresados pois e... mil falangullos máis para o galego!
http://podgalego.org/node/270