Podcast

2 views
Skip to first unread message

CuriosoImpertinente

unread,
Mar 5, 2008, 11:58:27 AM3/5/08
to podgalego
Moi boas.

Estou re-convertindo o meu blogue para que sexa de verdade un podcast.

Fixen un blogue en blogaliza que acollerá o podcast, onde irei pondo
os distintos programas xa feitos e os que están por facer.

Escríbovos para que, se pode ser, añadades o podcast en podgalego.

http://curiosoimpertinente.blogaliza.org

Aproveitando quero preguntarvos para que sirve ser membro da web
podgalego.org. Fíxenme un usuario pero ben pouco se pode facer.

Saúdos.

uxio / ictioscopio

unread,
Mar 5, 2008, 3:33:05 PM3/5/08
to podg...@googlegroups.com
Saúdos e benvido.

Xa o temos metido, http://podgalego.org/node/238, se queres modificar o
texto que o acompaña non tes máis que dicilo.

Como usuário, agora mesmo en podgalego.org só podes publicar comentarios sen
que pase por aprobación, non hai habilitadas máis opcións, principalmente
para evitar spam e cousas así. Se queres publicar novas ou axudar no
mantenemento do sitio (que non nos viría mal), podemos darche permisos.

Respecto do teu podcast, comentarche dúas cuestións, a primeira e "máis
importante" é que no novo blog de blogaliza deberas ter o rss bo do podcast
(http://feeds.feedburner.com/curioso-impertinente) nun sitio ben visíbel,
para facilitarlle a subscrición a xente interesada (polo menos eu non o
vin). De feito tiven que ir ao blogspot e fedellar nel até topalo :) A
segunda cuestión xa é máis persoal no xeito de facer as cousas e só é unha
suxestión: sería caralludo se ademáis da música comentases algo as cancións
falando entre corte e corte. Sabemos que dá máis traballo e así terías que
meter menos cancións no mesmo tempo, pero pensamos que así é algo máis
"vivo". En calquera caso, iso, como che digo, é apenas unha suxestión porque
a música "pelada" tamén acompaña e así está moi ben. :)

Benvido outra vez, e parabéns polo falangullo.

Curioso Impertinente

unread,
Mar 6, 2008, 4:35:27 AM3/6/08
to podg...@googlegroups.com
Ola.
 
Moitas grazas.
 
A verdade é que o primeiro impulso é dicirvos que si, que vos axudo. Pero xa estou metido en demasiadas cousas. Agora ben, se algunha vez necesitades que faga algo, aquí estou.
 
En canto ao podcast. Moitas grazas polas suxerencias. Irei pondo máis cousas no blog de blogaliza, como a forma de subscreberse e de onde ven este programa. O de porlle voz xa é algo que estou pensando, precisamente no momento no que decido facelo podcast de verdade. Pero irá todo pouco a pouco. Gústame tamén a fórmula de música só, polo que pouco falarei. Xa veremos se despois me gusta moito iso de falar pola "radio"... :)
 
Graciñas por todo.
 
Pd. En canto teña unha frase que me guste de verdade para definir o podcast xa vola envío. De momento gústame a que está. :)

 
Em 05/03/08, uxio / ictioscopio <ictio...@gmail.com> escreveu:

uxío ictioscopio

unread,
Mar 6, 2008, 5:45:19 AM3/6/08
to podg...@googlegroups.com
Graciñas a ti.

Em 06/03/08, Curioso Impertinente <curiosoim...@gmail.com> escreveu:
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages