Que se pode facer para engadir un podcast a podgalego?

3 views
Skip to first unread message

MaloSera.es

unread,
Feb 11, 2008, 6:31:42 PM2/11/08
to podgalego
Boas, antes de nada, moitas felicitacions pola nova paxina.
No meu primeiro aporte a este grupo, queria preguntar que pasos teño q
seguir para que se engada un novo podcast ao directorio d podcasts de
podgalego.

Eu e uns amigos facemos un programa de radio en Cuac Fm e estamos
colgando os programas na nosa paxina
http://www.malosera.es

O noso blogue onde temos o noso podcast está en http://malosera.blogaliza.org
e a nosa rss do podcast é
http://malosera.blogaliza.org/?feed=podcast

uxio / ictioscopio

unread,
Feb 11, 2008, 7:14:07 PM2/11/08
to podg...@googlegroups.com
Pois tes que me crer, pensei que xa estabades engadidos no directorio,
porque temos varios da Cuac :/ xa vos engadimos nun momento que teñamos
mañá. De momento facémolo a man o de engadir novos podcasts, e este é un bo
xeito de avisarnos, ou polo formulario de contacto de podgalego, para iso
están, para interrelacionarnos todos :)

Benvidos e a ver se se anima máis isto. Andamos xa traballando no de facer
unha Xornada de podcasteiros, xa vos iremos informando cando teñamos a cousa
máis avanzada.

Saúdos.

MaloSera.es

unread,
Feb 13, 2008, 7:16:13 PM2/13/08
to podgalego
Como non imos crer, se fuchedes vós quen nos deixachedes un comentario
no noso blogue, por iso nos pareceu raro que despois non nos
atopasemos.

Graciñas por engadirnos.

Pero cando poidades, pedimos que cambiedes a direccion da paxina da
descripcion do programa de http://podgalego.org/node/229 xa que como
paxina do programa aparece http://malo-sera.blogspot.com/ e non temos
nada que ver con esa paxina (ainda q, a verdade, sospeitamos q nos
roubaran o nome, pero iso é outra historia). Se podedes cambia-la
direccion pola de http://malosera.tk ou http://malosera.es ou pola do
noso blogue http://malosera.blogaliza.org pero quitade esa. Graciñas
mil e perdoade polas molestias.

Podgalego.org

unread,
Feb 14, 2008, 3:22:59 AM2/14/08
to podg...@googlegroups.com
Arrombado, xa está a do blogue, que será máis directa ;)

Saúdos!


2008/2/14, MaloSera.es <tella...@gmail.com>:
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages