Microfono para podcast

4 views
Skip to first unread message

David Táboas

unread,
Dec 5, 2008, 7:49:04 PM12/5/08
to podgalego
Hola, preséntome por aqui. Son David Táboas e teño xa uns cantos
proxecetos pola Internet.

Agora estoume plantezando comezar cun podcast e so me falta por
decidir o micrófono, porque non teño un que grabe ben.

Vos que me recomendades?

Saúdos!

Curioso Impertinente

unread,
Dec 6, 2008, 6:00:13 AM12/6/08
to podg...@googlegroups.com
Moi boas.

Eu non che vou recomendar un micrófono, vouche recomendar unha gravadora dixital coa que estou moi contento...

É a H2 Zoom

Podes vela aquí:


Xa contarás que mercas ao final.

Saúdos.

2008/12/6 David Táboas <dma...@gmail.com>

David Táboas

unread,
Dec 6, 2008, 7:25:09 AM12/6/08
to podgalego
Pois parece que está bastante ben. Además é bastante lixeira e
adáptase bastante ben a min porque ten que ser portatil.

Os únicos detalles que non teño claros e se hai que conectar os
auriculares a esta grabadora; se ten batería, porque para facer
entrevistas a pé de rúa estaría xenial; e canto tempo de grabación
ten.

Pero o máis malo que lle miro á grabadora é o prezo. Porque eu vou
empezar, e non sei se invertir tanto nun micrófono/grabadora.

Vos que me recomendades?.

Un saúdo!




On 6 dic, 12:00, "Curioso Impertinente"
<curiosoimpertine...@gmail.com> wrote:
> Moi boas.
> Eu non che vou recomendar un micrófono, vouche recomendar unha gravadora
> dixital coa que estou moi contento...
>
> É a H2 Zoom
>
> Podes vela aquí:
>
> http://www.zoom.co.jp/english/products/h2/
>
> Xa contarás que mercas ao final.
>
> Saúdos.
>
> 2008/12/6 David Táboas <dmaf...@gmail.com>

12 lúas

unread,
Dec 6, 2008, 8:31:01 AM12/6/08
to podgalego
Grabador Dixital

O Zoom H2 Handy Recorder é unha gravadora con base nunha tarxeta SD
que inclúe dous modos de funcionamento: un para a grabación de dous
canles (stereo) e outro para a gravación de catro canles.

No modo stéreo, utilízanse os micrófonos internos ou outra fonte coma
un micrófono externo ou un reproductor de CDs para gravar unha señal
stereo en dous canles.

No modo de gravación de catro canles, os micrófonos internos capturan
fontes en stereo tanto da parte frontal coma da parte traseira da
unidade e crean unha gravación de 4 canles. Posteriormente pódese
axustar do balance de nivel frontal/trasero/esquerda / dereita podendo
volcar o resultado para a súa reproducción nunha señal de 2 canles
(stereo).

O arquivos de audio creados no modo de 4 canles tamén pode ser
utilizados como material fonte para un codificador de sons surround.
Isto permítelle crear un son surround que poida ser reproducido nun
sistema home cinema 5.1

Grava en wav ou mp3, en 24bit a 96Khz, pode funcionar coma un
micrófono USB.

Déchesme unha idea para publicar no blogue. ¿Qué vos parece?

Saúdos

12 lúas

unread,
Dec 6, 2008, 8:38:17 AM12/6/08
to podgalego
E esta a segunda parte.

¿Qué micrófono elixir?

Os micrófonos e headset (conxunto de auriculares máis micrófono) que
se conectan por USB. Os micrófonos nomais con minijack tamén serven
excepto para os Mac porque necesita ser amplificados posto que o
micrófono típico do ordenador soporta un nivel de señal demasiado
baixo para ser capturado polo Mac.

Isaac González

unread,
Dec 6, 2008, 8:57:41 AM12/6/08
to podg...@googlegroups.com
Interesante debate, eu non podo aportar moito porque a miña experiencia porcasteira foi case sempre dende a rádio, asique xa tiña o traballo feito. A nivle caseiro merquei un micro normal de audio e conectei a mesa de misturas ao PC, o que non é moi óptimo salvo se tes unha mesa de misturas ;)

A ver se Ghanito e Andrés Milleiro se animan a comentarnos a súa experiencia cos micros que mercaron.

O dos micros é un apartado pendente en podgalego, asique se David ou calquera outro se anima a facer un artigo extenso sobre o tema podemos metelo en recursos.

12Luas o post é moi boa idea, o dispositivo sorprendeume a min tamén; pero eu mudaría o enfoque. A idea é que os post teñan un enfoque máis de utilidade e máis informal, estilo: dende o grupo de podgalego curioso impertinente achéganos un dispositivo útil que pode servir aos podcasteiros que precisen de gravación de calidade e portable... logo resumes as características que tes nese post e logo xa se pos o precio, caralludo!! É unha idea do que a min me gustaría ler, pero o resto tamén podedes opinar :)


2008/12/6 12 lúas <12l...@gmail.com>

Isaac González

unread,
Dec 6, 2008, 8:58:34 AM12/6/08
to podg...@googlegroups.com
A segunda parte mola :)

2008/12/6 Isaac González <osak...@gmail.com>

David Táboas

unread,
Dec 6, 2008, 9:50:34 AM12/6/08
to podgalego
Gracias pola información :)

Polo que leo, estou apreciando que a grabadora dixital non é para min,
jeje.

Por outra banda, tedes algunha recomendación en canto a micrófonos e
headsets?, algún en concreto para isto do podcasting. Porque
micrófonos lin algo dos Samson pero non sei que resultado dan, e
headsets, pois nin idea de como elixilos.

Cando teña todo decidido, podo preparar un artículo falando da miña
experiencia, porque ao millor haberá xente á que lle interese :)

On 6 dic, 14:58, "Isaac González" <osakl...@gmail.com> wrote:
> A segunda parte mola :)
>
> 2008/12/6 Isaac González <osakl...@gmail.com>

David Táboas

unread,
Dec 6, 2008, 9:56:37 AM12/6/08
to podgalego
Por certo, que tal vedes a adquisición dunha mesa de audio?

É que vin na páxina de podgalego esta ligazón:
http://www.behringer.com/PODCASTUDIO-USB/index.cfm?lang=eng e ese pack
parece que trae todo, pero non sei porqué prezo me pode sair a broma,
jejeje.

Ghanito

unread,
Dec 6, 2008, 10:15:18 AM12/6/08
to podg...@googlegroups.com
Ainda estou probando o micro, por iso non quería comentar nada. :D

Eu merquei un micro decentillo porén acho que gastei cartos de mais para o que necesitaba. A parte boa é que non vou ter que cambiar de micro en moito tempo.

Estiven estudando se mercar un micro con saída USB ou un tradicional e decidínme por un tradicional porque así podo empregalo para mais cousas nun hipotético futuro (básicamente pensei que podía prestarllo a uns amigos para gravar voces ou guitarras.

Merquei un Behringer B2 pro e un preamplificador de válvulas Mic200 tamén de Behringer. Precisaba amplificador porque o micro necesita alimentación phantom e non se pode enchufar directamente.
Hai dous días que os teño e non podo ainda falar moito, así que non vou dicir se foi boa compra ou non. O B2 ven cun soporte deses de araña e un paraventos (ainda que merqueille un filtro pop porque en experiencias previas que tiven hai anos os paraventos eliminaban moitos dos agudos nas voces) e un pe de micro de mesa. O mic200 ten varios modos de amplificación e un compresor (polo que tamén vale para gravar directamente sen ampli guitarras (algo mais cutre) e teclados ou baixos (é bastante habituyal facelo así))

Vin tamén a gravadora esa da que falades na rede, porén non sabía que tal podía ir e como xa dixen preferín a versatilidade dun micro convencional, ainda que recoñezo que para levala por aí é infinítamente mais cómoda que andar co meu micro a voltas. Porén como a miña idea é inicialmente gravar sempre no mesmo sitio non hai problema.

Dos auriculares oín falar ben na rede dos sennheiser HD201 para comezar e como eran baratiños merqueinos porque preciba uns auriculares pechados.

Na tenda esa da que poño as ligazóns teñen guías (en inglés) introductorias a todo tipo de materiais musicais que venden e pode servirte de axuda.

Ao fin moito vai depender do que queiras e/ou poidas gastar.

Apertas,

--
Ghanito

http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/
http://falabarato.blogaliza.org/

Curioso Impertinente

unread,
Dec 6, 2008, 5:20:38 PM12/6/08
to podg...@googlegroups.com
Interesante debate!
 
Eu teño micro behringer con tarxeta de son e teño a gravadora.
 
Merquei o micro antes da gravadora e case que agora sería ao revés ao coñecelos. O micro faiche que esteas nun lugar fixo. A gravadora é tremendamente boa, cunha calidade moi boa. Pódese utilizar ademáis como micro, e grava en varios formatos. Utiliza tarxetas de memoria sd, polo que tamén resulta moi cómodo.
 
Eu utilizo o micro para gravar música e ía utilizar a gravadora para locutar os programas de radio (que farei cando poida volver facer os programas, ou sexa, cando teña tempo...)... Gústame moito porque podes ir a calquera lugar e gravar sons, facer entrevistas, o que se queira e despois integralo como unha pista máis para facer o podcast.
 
Ideas teño a moreas, mais non teño o tempo para polas en práctica.
 
Polo precio que ten a gravadora, resulta moi económica, dígovolo de verdade, e cunha calidade moi, moi boa... Ten unha morea de opcións para gravacións en grupo, con diferentes configuracións. O día que consiga utilizar a metade das opcións é porque a estarei utilizando a pleno rendemento.
 
Se falei da gravadora é porque me parece unha opción moi boa pensando só nun micro, e ademáis é unha gravadora dixital moi boa.
 
Canto estás disposto a pagar? 180 euros paréceche moito? É o que custa a gravadora...
 
 
Saúdos.

2008/12/6 Ghanito <gha...@gmail.com>

Andrés Milleiro

unread,
Dec 8, 2008, 5:12:21 PM12/8/08
to podgalego
Óla que tal!

En Tortilladepatata.net dende fai non moito grabo cun Rhode Podcaster,
que é un micro USB bastante profesional, que o conseguín cun pé a un
prezo bastante decente e nun bo estado, era dun amigo podcaster
catalán...


...e bueno, é USB porque non quería andando con follóns de mezcladoras
e demais, e certamente vai moi ben. En Microfusa.com anda sobre
130-150 euros penso ;)

Uxío / ictioscópio

unread,
Dec 8, 2008, 5:48:03 PM12/8/08
to podg...@googlegroups.com
Olá,

Primeiro de todo saúdos e benvidas para os novos incorporados ao grupo destes últimos días.
Segundo, que ben que por fin está sendo de utilidade!

E xa falando do tema. Ainda que eu fixera hai un par de anos un curso de son do INEM, pouco aprendín como para asesorar con coñecemento técnico, mas acho que neste caso cumpre, máis que falar de marcas e calidades, de reflexionar sobre as necesidades de cada quen.
É sabido que muita xente comeza nisto do podcasting con muita xiria, mas ao cabo de 2 ou 3 programas acaba arriando, entón o primeiro de todo é ter claro que se quere facer e ser consciente de que iso supón un esforzo de tempo e dedicación, por tanto, invertir 60 ou 100 ou 150 € nunha gravadora ou unha mini-mesa cun micro xeitoso é para "amortizalo", se non penso que non paga a pena. Por suposto canto mellor calidade teña o equipo, mellor ha soar, mas tamén hai que ter en conta que despois hase comprimir nun arquivo mp3 e perde calidade de son. Por suposto de canta mellor calidade orixinal, mellor calidade vai dar comprimido, iso está claro, pero é bo non esquecelo. Respecto de gravadora ou micro, iso depende do tipo de podcast a facer, eu uso ás veces como gravadora o móbil e chégame, non é un son caralludo, mas se non hai ruidos de fondo escoitase decentemente, pode ser unha idea para comenzar, ou muitos reprodutores mp3 tamén teñen esa función. Por suposto non teñen moi boa calidade, pero para pensar en inversións igual é mellor agardar (non sendo que che sobren os cartos, claro).
E falando pola miña experiencia, eu levo máis de 4 anos facendo radio en liña e podcasts cun sinxelo micrófono headset de 5-7 € e de momento ninguén se queixou pola calidade de son. Hai que ter coidado de non arrimalo muito á boca e non berrar muito, mas para empezar vale perfectamente. Se despois de 5 ou 6 programas ves que che gusta facelo e queres ir mellorando calidade de son etc, xa podes pensar en invertir en equipo. E o micro unidireccional mellor, iso si; así evitas ruidos de fondo e cousas así :) mas ollo con respirar forte que o pillan todo.

Aparte disto, para os que se encetan nisto dos falangullos, tede paciencia se ao principio non tedes muitas descargas, ou o son non é perfecto, ou tedes erros, non vos preocupade, pensade non  ben que o pasades facendo máis que na "audiencia". E cando teñades novidades facede un pouco de spam no grupo, polo menos ao principio, despois xa están aí os feed, que para algo están.

Abraços!
--
Uxío Broullón
http://commonsbaby.blogspot.com
http://areasonoras.podomatic.com
http://homedareia.blosgpot.com
http://fabuloseando.blogspot.com



Andrés Milleiro escribió:

David Táboas

unread,
Dec 11, 2008, 10:46:48 AM12/11/08
to podgalego
Hola de novo,

A verdade é que unha das cousas polas que non me decido é pola
necesidade ou utilidade que lle vou a dar ao micrófono.

Eu ainda teño que empezar con isto dos podcast. Polo de agora estou
buscando información para ter preparado todo, como grabar a distancia,
como editar o audio, onde atopar audio para as "cortinillas", etc etc.

O tema do micrófono é o que máis me preocupa porque conleva un gasto.
E claro, non sei se lle vou a sacar o rendemento que merecería un
micrófono de 90€, por exemplo. Pero o problema ven se miro que vou a
seguir con isto dos podcasts e demáis, e teño que facer dous gastos,
un para un micrófono normal e outro para algo máis avanzado. Se compro
o avanzado logo sempre me queda a opcion de vendelo por ebay ou
similares.

Se compro un micrófono avanzado case teño por seguro cal vou adquirir,
xa que o prezo e as prestancions adáptanse ao que quero. O elixido é o
Samson C01U.

Non sei qué opinades vos, sabendo que a min gustaríame dedicarme ao
mundo dos podcasts, radios por internet ou similares. (Neste terreo
tamén me gustaría recomendacións para atopar proxectos que merezan a
pena seguir)

Un saúdo a todos!

On 8 dic, 23:48, Uxío / ictioscópio <ictiosco...@gmail.com> wrote:
> Olá,
> Primeiro de todo saúdos e benvidas para os novos incorporados ao grupo destes últimos días.
> Segundo, que ben que por fin está sendo de utilidade!
> E xa falando do tema. Ainda que eu fixera hai un par de anos un curso de son do INEM, pouco aprendín como para asesorar con coñecemento técnico, mas acho que neste caso cumpre, máis que falar de marcas e calidades, de reflexionar sobre as necesidades de cada quen.
> É sabido que muita xente comeza nisto do podcasting con muita xiria, mas ao cabo de 2 ou 3 programas acaba arriando, entón o primeiro de todo é ter claro que se quere facer e ser consciente de que iso supón un esforzo de tempo e dedicación, por tanto, invertir 60 ou 100 ou 150 € nunha gravadora ou unha mini-mesa cun micro xeitoso é para "amortizalo", se non penso que non paga a pena. Por suposto canto mellor calidade teña o equipo, mellor ha soar, mas tamén hai que ter en conta que despois hase comprimir nun arquivo mp3 e perde calidade de son. Por suposto de canta mellor calidade orixinal, mellor calidade vai dar comprimido, iso está claro, pero é bo non esquecelo. Respecto de gravadora ou micro, iso depende do tipo de podcast a facer, eu uso ás veces como gravadora o móbil e chégame, non é un son caralludo, mas se non hai ruidos de fondo escoitase decentemente, pode ser unha idea para comenzar, ou muitos reprodutores mp3 tamén teñen esa función. Por suposto non teñen moi boa calidade, pero para pensar en inversións igual é mellor agardar (non sendo que che sobren os cartos, claro).
> E falando pola miña experiencia, eu levo máis de 4 anos facendo radio en liña e podcasts cun sinxelo micrófono headset de 5-7 € e de momento ninguén se queixou pola calidade de son. Hai que ter coidado de non arrimalo muito á boca e non berrar muito, mas para empezar vale perfectamente. Se despois de 5 ou 6 programas ves que che gusta facelo e queres ir mellorando calidade de son etc, xa podes pensar en invertir en equipo. E o micro unidireccional mellor, iso si; así evitas ruidos de fondo e cousas así :) mas ollo con respirar forte que o pillan todo.
> Aparte disto, para os que se encetan nisto dos falangullos, tede paciencia se ao principio non tedes muitas descargas, ou o son non é perfecto, ou tedes erros, non vos preocupade, pensade non  ben que o pasades facendo máis que na "audiencia". E cando teñades novidades facede un pouco de spam no grupo, polo menos ao principio, despois xa están aí os feed, que para algo están.
> Abraços!
> --Uxío Broullónhttp://commonsbaby.blogspot.comhttp://areasonoras.podomatic.comhttp://homedareia.blosgpot.comhttp://fabuloseando.blogspot.com

Uxío / ictioscópio

unread,
Dec 12, 2008, 7:50:08 PM12/12/08
to podg...@googlegroups.com
Para topar audio con licenzas abertas, pode pasar pola sección de recursos de podgalego de música copyleft (http://podgalego.org/node/113) hai muito que non a actualizamos porque cada vez hai máis sitios e non se dá feito, pero é un bo ponto de partida. Tamén podes topar efectos de son libres en http://www.freesound.org/ , http://www.soundsnap.com/ ou mesmo este sitio do Ministerio de Educación http://bancoimagenes.isftic.mepsyd.es/ con arquivos en wav, mp3 e ogg, que está bastante xeitoso.

Respecto de dedicarte ao podcasting ou radio por internet, non sei se falas de gañar a vida con iso ou só como pasatempo. O de gañar a vida, ten claro que é moi difícil; mas tanto se é dun xeito ou doutro, tes que ter moita paciencia, ser constante e facer sempre por mellorar, mas sobre tudo, ter claro o formato que queres desenvolver e traballalo muito, ser "profesional" sen perder a frescura do amateur. Para o que precises, axuda, suxestións, críticas construtivas... non dubides en empregar esta lista de correo e consultar o que queiras. Até onde podamos e saibamos, polo menos pola miña parte, tes apoio total. Todos empezamos unha vez :)

Unha aperta.

David Táboas escribió:
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages