Fwd: XIII edición do Congreso Internacional Galego-portugués de Psicopedagoxía

0 views
Skip to first unread message

claisy maria marinho araujo

unread,
Sep 17, 2014, 6:59:47 AM9/17/14
to lilie...@hotmail.com, liliene...@gmail.com, ligial...@gmail.com, leov...@gmail.com, rosan...@gmail.com, ligia...@unb.br, ligiarca...@oi.com.br, polliann...@gmail.com, pollian...@yahoo.com.br, anaclar...@gmail.com, pibex-psicol...@googlegroups.com, pcbp...@gmail.com, cynt...@uol.com.br, cyn...@unb.br, cynth...@gmail.com

XIIIcongresogalaicoportugues

 

 

INVITACIÓN A PARTICIPAR

 

Queridos amigos e colegas

 

É un pracer anunciar á celebración da XIII edición do Congreso Internacional Galego-portugués de Psicopedagoxía que terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña en setembro de 2015.

 

Como dende hai preto de vinte anos, organízase en colaboración coa Universidade de Minho (Portugal), e constitúese nun ágora de converxencia académica que  mobiliza a profesionais, estudantes e profesores dos diversos ámbitos do Ensino, para abordar problemáticas relacionadas coa Psicoloxía, a Psicopedagoxía e, en xeral,  as Ciencias da Educación.

 

Dende os seus inicios, alá polo ano 1995, este Congreso destacou por varios aspectos que lle son propios, que o definen como específico no ámbito da Psicopedagoxía:

 

a)      É un Congreso aberto a todos os profesionais dos diferentes ámbitos e niveis do ensino e aprendizaxe en contextos educativos; 

b)      É aberto a todo tipo de alumnos e alumnas das Universidades do Miño e da Coruña, así como de outras universidades e ámbitos educacionais do Estado español e de Portugal

c)      Pero, tamén, queremos destacar a súa mutidisciplinariedade e, quizais por isto, cada vez máis incorpóranse a este Congreso xentes de outras nacionalidades, sobre todo de América e Africa.

d)      Tratamos e estudamos sempre unhas temáticas que están en estreita relación cos procesos de ensinanza e aprendizaxe en diferentes contextos educacionais.

e)      Constitúe un lugar axeitado de diálogo, debate, análise e toma de decisións sobre todos aqueles aspectos que afectan aos profesores e alumnos das nosas institucións educativas. 

 

O recoñecemento e  respecto á multidisciplinariedade e á multidimensionalidade dos procesos da educación como a multiplicidade dos contextos en que ocorren, son dous trazos que definen a este XIII Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía e así destácanse nas súas quince áreas temáticas que inclúen Conferencias plenarias, Ponencias de debate, Simposios, Comunicacións, Pósters e Seminarios de Investigación.

 

Como xa ven sendo tradicional, a Comisión Organizadora editará, ademais do Libro do Programa pormenorizado do Congreso, o volume de Actas en formato dixital cos textos completos das Comunicacións orais, Simposios e Pósters. A súa distribución ocorre no momento do Congreso, permitindo aos participantes seguir máis de preto as comunicacións a presentar, analizar máis profundamente todos os traballos e, aínda, reforzar a interacción entre os congresistas promovendo así a formación de colaboracións e novas equipas de proxectos que, sen dúbida,  terán as súas concrecións nun futuro próximo.

 

A información provisional relativa ao congreso pódese consultar en:

http://congresopsicopedagoxia.udc.es/

 

Alfonso Barca Lozano

Bento Duarte da Silva

 

 

image001.jpg
image002.jpg
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages