RE: {Comunidade O Zulo} Kernel 2012

2 views
Skip to first unread message

Miguel Angel Rodriguez Muiños

unread,
Aug 31, 2012, 7:04:39 AM8/31/12
to oz...@googlegroups.com

Ola.

 

Como diría Jack O Destripador: Vaiamos por partes!

 

-          Eu o finde do 14-15 NON podo botar una man. Sorry. L

-          Estou a difundir o evento en plan viral (incluso jritando pola fiestra)… a ver si non me mandan ao carallo por pesado!!! J

-          Verei si podo “reclutar” algún patrocinador, pero son malos tempos para pedir cartos/material… pero nunca se sabe (non contedes con ningún tipo de éxito, pero por tentalo…)

 

Bo traballo, Alberto!!!

 

Seguimos a falar.

 

 

 

 

 

De: oz...@googlegroups.com [mailto:oz...@googlegroups.com] En nombre de Alberto Permuy
Enviado el: jueves, 30 de agosto de 2012 13:32
Para: oz...@googlegroups.com
Asunto: {Comunidade O Zulo} Kernel 2012

 

Ola!

Xa sabedes que o vindeiro 21 de setembro comeza o Kernel 2012. Dende a asociación gustaríanos que tódolos socios/as participasen/colaborasen na organización do evento, xa sexa con críticas ou con consellos, axudando na montaxe física da rede, colaborando nos obradoiros...etc.

Abrimos esta rolda con este email para comentar/argarllar/organizar a historia. Polo momento temos estas necesidades:

  • Montaxe física: Temos pensado montar a rede a fin de semana do 14 e 15 de setembro de 2012. 
    • Necesitamos: Saber que pode estar para axudar. A día de hoxe NON sabemos se temos que montar nós(asociación) o cableado ou o fará una empresa externa. En calquera caso temos choio para : comprobar as conexións, distribución de carteis e espazos, montaxe do "Troco Kernel 2012".......
  • Difusión: Necesitamos difundir o evento. Se tedes contas en Identi.ca, Twitter, Facebook.... necesitamos o voso apoio! Pero non so nas redes sociais, comentade aos vosos amigos, familiares que ides a ir ao Kernel 2012. É a actividade con máis peso na asociación e neste edición, queremos/desexamos chegar ao maior número de xente. Tedes algunha proposta?
  • Patrocinadores: Nun principio están pechados polo tema dos carteis. Necesitaríamos un/varios patrocinadores que aportasen ou ven algunha cantidade económica(dende a directiva o vemos complicado) ou ven material electrónico(disco duro, ratos, teclados) para regalar como premio.Se coñecedes algunha empresa/particular/freelance que lle interese trocar publicidade por premios, xa sabedes, avisade por esta vía.

A parte de todo isto, imos abrir un fio para tratar de organizar por separado os eventos do Kernel: Campionato de OpenArena, Drupal BoF, CiberOlimpiadas,Relatorios e o Obradoiro de Arduino(está no aire pois o ponente está desaparecido).

Grazas a todos/as polo voso apoio e colaboración!

Alberto Permuy Leal

 

 

--
Recibes esta mensaxe porque estás subscrito ao grupo "Asociación Comunidade O Zulo". Se queres publicar unha mensaxe envía un email a oz...@googlegroups.com. Para anular a subscrición envía un email a ozulo+un...@googlegroups.com
-----------------------
Asociación Comunidade O Zulo
comunidadeozulo.org

Alberto Permuy Leal

unread,
Sep 4, 2012, 7:59:53 AM9/4/12
to oz...@googlegroups.com
Grazas Miguel!
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages