Kernel 2012

1 view
Skip to first unread message

Alberto Permuy

unread,
Aug 30, 2012, 7:31:55 AM8/30/12
to oz...@googlegroups.com
Ola!

Xa sabedes que o vindeiro 21 de setembro comeza o Kernel 2012. Dende a asociación gustaríanos que tódolos socios/as participasen/colaborasen na organización do evento, xa sexa con críticas ou con consellos, axudando na montaxe física da rede, colaborando nos obradoiros...etc.

Abrimos esta rolda con este email para comentar/argarllar/organizar a historia. Polo momento temos estas necesidades:

  • Montaxe física: Temos pensado montar a rede a fin de semana do 14 e 15 de setembro de 2012. 
    • Necesitamos: Saber que pode estar para axudar. A día de hoxe NON sabemos se temos que montar nós(asociación) o cableado ou o fará una empresa externa. En calquera caso temos choio para : comprobar as conexións, distribución de carteis e espazos, montaxe do "Troco Kernel 2012".......
  • Difusión: Necesitamos difundir o evento. Se tedes contas en Identi.ca, Twitter, Facebook.... necesitamos o voso apoio! Pero non so nas redes sociais, comentade aos vosos amigos, familiares que ides a ir ao Kernel 2012. É a actividade con máis peso na asociación e neste edición, queremos/desexamos chegar ao maior número de xente. Tedes algunha proposta?
  • Patrocinadores: Nun principio están pechados polo tema dos carteis. Necesitaríamos un/varios patrocinadores que aportasen ou ven algunha cantidade económica(dende a directiva o vemos complicado) ou ven material electrónico(disco duro, ratos, teclados) para regalar como premio.Se coñecedes algunha empresa/particular/freelance que lle interese trocar publicidade por premios, xa sabedes, avisade por esta vía.

A parte de todo isto, imos abrir un fio para tratar de organizar por separado os eventos do Kernel: Campionato de OpenArena, Drupal BoF, CiberOlimpiadas,Relatorios e o Obradoiro de Arduino(está no aire pois o ponente está desaparecido).

Grazas a todos/as polo voso apoio e colaboración!

Alberto Permuy Leal



Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages