Ola!

3 views
Skip to first unread message

Asociación Comunidade O Zulo

unread,
Mar 8, 2012, 2:48:22 PM3/8/12
to oz...@googlegroups.com
Ola!

Dende @ozulo queremos dar a benvida a tódolos socios/as que se subscribiron ás roldas de correo da Comunidade. Feitas xa as presentacións, faremos un breve resumo das actividades nas que a asociación está ou estará implicada.

  • Dentro duns días estaremos en A Coruña, na IV edición da NoiteDrupal. Tedes máis información en www.comunidadeozulo.org/noite .
  • Xa sabedes que o vindeiro 28 de marzo celébrase o DFD 2012. http://documentfreedom.org . O ano pasado estivemos en Vigo co resto de GUL pero este ano aínda non temos claro de que xeito imos participar. ¿Ideas?
  • Pensamos xa na IX edición do Kernel 2012. Temos claro que a nivel de estrutura non imos medrar máis(participantes, rede LAN/WLAN e servizos). O que si nos gustaría é innovar en relación á oferta cultural do propio evento. O ano pasado pensamos(dende a directiva) que o #rocknotrope tivo boa acollida, así que este ano, pensamos repetir. @apermuy comentaba a posibilidade de, que como o Software Freedom Day coíncide coa edición do Kernel, poderíamos argallar de xeito paralelo(o sábado) unha Drupalada a nivel galego. Outro tema que se comentou en círculos moi reducidos sería organizar un concerto con bandas locais, coincidindo co PorkoByte(laconada). Neste punto temos un problema fundamental: o presuposto, que é moi limitado por non dicir case nulo.....
  • Froito da colaboración coa "Asociación Cultural Sen Un Peso" www.senunpeso.org este pasado mes de febreiro, quedamos en outubro de 2012 en reunirnos para voltar a colaborar con eles, nesta ocasión entendemos que dun xeito máis concreto, é dicir, non so a nivel técnico, senón a nivel organizativo: propoñendo actividades, asistindo ás xuntanzas....


¿Tedes algunha proposta? Estamos desexando escoitalas....


Apertas!






 
------------------------------------------------------------------------
Asociación Comunidade O Zulo - Mugardos
Promovendo Software e Cultura Libre dende 2003
comunidadeozulo.org - . - twitter.com/ozulo

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages