Drupal BoF Kernel 2012

1 view
Skip to first unread message

Alberto Permuy

unread,
Aug 30, 2012, 7:38:10 AM8/30/12
to oz...@googlegroups.com
Ola!

De novo por aquí dando a brasa. Este fio queda aberto para o Drupal BoF. Toda a información relacionada co evento está publicada en :

http://comunidadeozulo.org/web/drupal-bof-kernel-2012-mugardos

O que estamos a facer é tentar(logo xa se verá como queda a cousa) organizar a historia. @jcartelle e @apermuy xa levan uns días traballando na organización interna desta "liada Drupaleira". CTRL + C / CRTL + V dos último email vai ao final deste email.

O obxectivo é migrar o sitio web actual que está construído en Drupal 6 a unha versión limpa en Drupal 7. Os interesados en colaborar podedes comentalo por aquí.

Saúdos.

================================================================================================================

Que crack! Vou a enviar este fio á rolda de correo da asociación, así todos/as estaremos enterados da movida....Tamén poño en CC á membro da directiva, para que controlen de que vai o tema...

Sobre o que comentas do traballo previo:
  • Participantes: complexo. Podemos ser 2 ou 10. Supoño que non o saberemos ata o ese día.
  • O tema: interensante. Podemos facer unha consulta en drupal_gl, así seguimos dándolle bola ao grupo.
  • Distruir traballo: Sen problema, pero teño dúbidas.
    • Espazo físico : Penso que deberíamos ter un espazo fixo para as distintas reunións do BoF, cunha pizarra, folios e lápices para tomar algunha nota. Logo, unha vez distruído o traballo ,cada un pode ir cara o seu posto fixo no Kernel 2012 e traballar no acordado.
    • Sistemas ou como sexa: Eu propoño usar dúas máquinas. Unha dentro do Kernel, por iso de aproveitar a velocidade da LAN. E logo outra en semi-produción no server da asociación, para o domingo 23 subir o traballo feito a esa instalación de Drupal.Falamos dunha máquina limpa con Drupal 7(incluído Drush, por suposto) a pelo.
    • Drupal: [ Esta parte debería estar no documento de Google Drive ]
      • Técnica:
        • Módulos base
        • Módulo contribuídos
      • Arquitectura da información
        • Tipos de nodos: sobre o que ti fixeches
        • Xestión dos comentarios
        • Xestión da taxonomía.
      • Theming

Ola,

Despois de analizar a web actual, de inicio propoño  como base  para facer no  Kernel:


·   Menú principal, deixar o que temos actualmente:

  1. HOME: páxina principal que deberá de ter en lugar visible:
    1. Os próximos eventos, destacando e promocionando na cabeceira os eventos que organiza o Zulo.
    2. Ás últimas Novas publicadas.
    3. Bloques con información varia .
  2. Asociación: info da asociación
  3. Actividades: As que  levamos feito e a donde temos acudido os socios da asociación.
  4. SoftwareLibre:  Promocionado o software libre
  5. Biblioteca: arquivos e videos subidos a web e organizados por categorías
  6. Formación: próximos cursos organizados por nos. Moodle
  7. Contacto

·  En canto aos tipos de contido:

  1. Arquivos, tipo de contido empregado para subir manuais, apuntes, guias e en definitiva todo tipo de  arquivos en PDF elaborado por nos ou baixo licenza Creative Commons . Os arquivos subidos clasificaranse segundo a taxonomia Tipos de Arquivos e mostrados por temáticas a través da ligazón Biblioteca do Menú Principal. Calquera usuario que pertenza ao Rol socios poderá subir arquivos e modificar/eliminar todos dos que sexa propietario. Os usuarios rexistrado e anónimos poderán comentar.

Como este tipo xa esta feito na web antigua tan so teremos que importalo cos seus contidos.

Hai que estudiar que automáticamente cada mes se lle envíe aos socios un email coa lista dos pdfs subidos últimamente.

 

  1. Asociación, debería de ter toda a información que ten que ver directamente coa Asociación, contidos do tipo: Quen somos, De donde somos, que facemos, etc. É decir, contidos estáticos que perduran no  tiempo e que dan información do que  facemos e que é a Comunidade  O Zulo. Non admiten comentarios. So os usuarios no Rol XuntaDirectiva poderán publicar. Os campos de este tipo de contenido podrían ser: Titulo e  descripción.

 

  1. Eventos, tipo de contido para achegar a web os eventos relacionados co software libre. Organizados polo Zulo o por calqueira outra asociación. Todos os socios da Comunidade poderán achegar eventos que poidan ser  interesantes para a comunidade. Os usuarios anónimos poderán achegar eventos tamén, pero quedarán en cuarentena ata que un administrador o autorice, a estos usuarios se lles exisirá un email de contacto. Os eventos que son organizados  polo Zulo daráselles un tratamento especial a hora de promocionalos na web. Sempre que se suba un evento  chegaralles automáticamente  un correo do evento aos socios da asociación e a usuarios que non sendo socios se suscriban ao boletín de novas => hai que estudiar o modulo Newsletter ou un similar.

 

 O tipo de  contido deberia de ter polo menos  os  siguientes campos:

 

Etiqueta

Tipo de campo

Control

Titulo do evento

 

 

Descripcion

Texto longo e resumo

Area te texto cun resumo

Tipo de evento

Referencia de termo ao vocabulario  Tipo de Evento

Active Tags autocomplete term widget (tagging)

Datas

Date

Popup calendar

Organizado por

Referencia de termo ao vocabulario  Organizdores de Eventos

Active Tags autocomplete term widget (tagging)

Lugar

texto

Campo de texto

Enderezo

Texto

Campo de texto

Mais info

Ligazon

Ligazon

Cartaz

Imaxe

Imaxe

Info adicional

 Texto longo

Area te texto

Email

Mail

Mail (So para usuarios anonimos)

 

 

  1. Novas: Noticias breves, so usuarios incluidos no Rol editores poderán publicar noticias relacionadas co software libre. Poderán ser comentadas. Chegaralles un email aos socios e simpatizantes sempre que se publique unha nova . Os campos para este tipo de contido:

Etiqueta

Tipo de campo

Control

Titulo da noticia

 

 

Descripcion

Texto longo e resumo

Area te texto cun resumo

Tipo de Noticia

Referencia de termo ao vocabulario  Tipo de Noticia

Active Tags autocomplete term widget (tagging)

 

 

 

5.- Videos:  Un tipo de contido para subir videos a web.  Un título, un campo do tipo Media configurado para insertar videos publicados en YouTube ou Vimeo e un campo para clasificalos con un term referente ao vocabulario Tipos de Arquivos. O último video  subido  aparecería nun bloque na paxina principal e o resto a traves  da ligazon Biblioteca, organizados por tematicas igual que os pdfs.

 

 

·   Tema: buscar un tema que nos guste a maioría, instalalo e darlle forma cos contidos que vaiamos copiando e pegando da web antigua.

 

 

Non sei que te parece, a medida que vaiamos facendo ese traballo  iremos  instalando os módulos que vaian facendo falta e resolvendo os problemas e dúbidas que xurdan.


O tema de importar os socios o teremos que facer en privado,  máis que nada polo tema de proteccion de datos.


Traballo previo que poderiamos ir facendo antes do Kernel, 

  • De principio saber cantos están dispostos a participar.
  • Escoitar propostas dos demais
  • Ir buscando un tema para non perder o tempo ali
  • Distribuir o traballo
Eso é todo de momento.
Te toca.
Saúdos




--
Alberto Permuy Leal
GNU Lover since 11111001111


Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages