Domingo 11 de abril: Roteiro polo Val do Río Eifonso

4 views
Skip to first unread message

kolectivo "o guindastre"

unread,
Apr 1, 2010, 6:04:55 PM4/1/10
to novasxuventu...@googlegroups.com
O río Eifonso, ten o seu nacemento en Bembrive, á beira do campus universitario. Dende este punto deica a súa desembocadura no Lagares en Sárdoma, o val que forma o Eifonso é recoñecido coma un dos espazos naturais máis especiais de Vigo, sobre todo no seu curso alto, onde o río atravesa unha fonda carballeira. Malia ter que sobrevivir afogada baixo a autoestrada que a partiu en dous e invadida polos eucaliptais, a fraga do Eifonso continúa a abraiar a quen a coñece pola vez primeira, sobre todo preguntándose como é que pode existir tal bosque a só uns minutos da cidade.
 
 
 
 
A nosa idea para a ocasión será descer polo roteiro marcado
(PR-G 5 da rede galega de roteiros) que percorre a beira do río dende o Parque Forestal de Beade deica o lugar de Mourelle en Bembrive. Polo camiño destaca a visita á aldea abandonada da Fraga. E a seguir, subiremos de novo para acadar os dous montes que se erguen a cada aba do val: o Monte da Pedra da Cruz (514 m) na beira de Bembrive (onde visitaremos algunhas das mámoas do lugar das Pereiras) e o Monte da Pedra Cabalaria (501 m) na beira de Beade.
 
Daquela, desta volta vémonos as 10:30 no Parque Forestal de Beade, onde tamén remataremos pola tarde.

 

  • Distancia: 13.700 m
  • Desnivel máximo a superar: 390 m
  • Duración aproximada: 4,5 h
  • Tipo de terreo: pistas de terra; sendas

--
Kolektivo O Guindastre

CSA O Guindastre
Rúa Xulián Estevez 22 baixo, Teis, Vigo (GZ)

http://guindastre.arkipelagos.net

xuventude...@gmail.com
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages