Boas. Velaí vos presentamos a xornada que organiza o C.S.A. O Guindastre con motivo de dar voz ao povo saharaui, na súa luita pola identidade que lle corresponde. Será este xoves 22 de abril no
auditorio do I.E.S. da Guía. É a primeira palestra que faremos fóra do Centro Social, pois cremos que a ocasión o merece, contaremos cun bo aforo e esperamos vervos a
tod@s.
Proxectaránse varios documentais curtos de activistas saharauis no territorio ocupado por Marrocos, para dar ritmo á palestra propiamente dita, que contará entre outras persoas co delegado do Frente Polisario en Galiza, Ahmedu Mojtar.
Como dicimos, a palestra comezará ás
20:00 horas deste
xoves 22. Agardámosvos. Unha forte aperta.
Colabora: Solidariedade Galega co Povo Saharaui
Organiza: Centro Social Autoxestionado O Guindastre
DIFUNDE!! ACUDE!!