Non perdas as Xornadas polxs Refuxiadxs!

1 view
Skip to first unread message

Vicepresidencia ME.I.GA.

unread,
Feb 22, 2017, 7:51:37 PM2/22/17
to MEIGA



Dende o grupo de Dereitos Humanos e Paz de ME.I.GA. levamos tempo argallando neste proxecto que vos vimos aiquí a presentar.


Os días 6, 7 e 8 de marzo imos levar a cabo unhas Xornadas polxs Refuxiadxs nas cales poderedes coñecer, de primeira man, cousas que non vos van contar nos medios e poderedes solventar todas as vosas dúbidas sobre o tema.


Falaremos das CAUSAS HISTÓRICAS de diversos conflictos, dos países enfrontados, contaremos con EXPERIENCIAS de médicxs e traballadores en distintos campos de refuxidos do mundo, poderemos escoitar as VIVENCIAS de xente xoven que tivo fuxir da guerra e que hoxe nos cruzamos pola rúa de Compostela, videochamadas en directo, ACTIVIDADES e moitas máis cousas que só poderedes ver si asistides...


Contamos cunha programación que non deixa a ninguén indiferente e ca que queremos xerar CONCIENCIA na xuventude e no estudantado.


O lugar no que se levarán a cabo estas actividades será no Salón de Actos da Facultade de Medicina e, como ledes no cartaz, terán un prezo de cinco euros polo total dos tres días.

Os cartos recadados irán destinados a COLABORAR coas actividades da ONG galega AIRE (https://www.facebook.com/ongaire/)


Puntos de venta de entradas (a partir do dia 23):

-> Facultade Medicina (contactade con Paula - 689751623)
-> Aulario CHUS (Bedeles)
-> SCQ Café (Rúa das Orfas, 2)

Segue o noso evento no Facebook e non perdas ningunha novidade: https://www.facebook.com/events/240159826444638/

Agardamos vervos alí e que traigades aos vosos pais, irmás, curmáns, tías e a quen vos pete, pero NON PODEDES FALTAR!!!



Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages