Obradoiro de Xénero e Ciencia Ficción

5 views
Skip to first unread message

Vicepresidencia ME.I.GA.

unread,
Mar 28, 2017, 6:56:11 PM3/28/17
to MEIGA
Dende o grupo de DDHH e Paz de MEIGA traémosvos unha actividade da man de Amnistia Internacional que non vos deberiades perder!

O próximo martes 4 de abril contamos con Xan Eguía, mestre e filósofo, xunto co equipo de mulleres de AI Galiza para realizar un taller de xénero e dereitos humanos



Tomando como fío conductor o mundo das superheroínas, os cómics e a ciencia ficiónfaremos un análise dos micromachismos que nos atopamos na vida real.

Falando con Xan, coméntanos que el non emprega, conscientemente, termos como "patriarcado" ou "androcentrismo". 
Xa que, segundo a súa experiencia, é capaz de despertar o interese e mostrar a realidade dun xeito máis divertido e reflexivo.

Dende ME.I.GA., estamos impacientes por comprobar como se apaña Xan para trasladarnos a un mundo real e de ficción á vez.


Se ti tamén queres comprobalo, vémonos o martes 4 de abril as 16h30 na Aula Castelao da Facultade de Medicina

A entrada é de balde así que só che pedimos que veñas acompañadx e, coma sempre...difusión!
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages