NON VOS PERDADES ESTAS XORNADAS NA PRÓXIMA SEMANA!!!
A venta de entradas no SCQ café bar manterase ata o domingo 5 ás 20:00h.
Tamén podedes compralas o LUNS na Facultade de Medicina durante toda a mañá!
Non queredes faltar a clases? Dámosvos un XUSTIFICANTE da USC! Non tedes escusa para non vir!
:D
Ofertamos aínda CRÉDITOS de libre configuración!
Por último repetirvos que os cartos recadados irán dirixidos a colaborar coa ONG galega AIRE (https://www.facebook.com/ongaire/?fref=ts)

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Dende o grupo de Dereitos Humanos e Paz de ME.I.GA. levamos tempo argallando neste proxecto que vos vimos aiquí a presentar. Os días 6, 7 e 8 de marzo imos levar a cabo unhas Xornadas polxs Refuxiadxs nas cales poderedes coñecer, de primeira man, cousas que non vos van contar nos medios e poderedes solventar todas as vosas dúbidas sobre o tema.
Falaremos das CAUSAS HISTÓRICAS de diversos conflictos, dos países enfrontados, contaremos con EXPERIENCIAS de médicxs e traballadores en distintos campos de refuxidos do mundo, poderemos escoitar as VIVENCIAS de xente xoven que tivo fuxir da guerra e que hoxe nos cruzamos pola rúa de Compostela, videochamadas en directo, ACTIVIDADES e moitas máis cousas que só poderedes ver si asistides...
Contamos cunha programación que non deixa a ninguén indiferente e ca que queremos xerar CONCIENCIA na xuventude e no estudantado.
O lugar no que se levarán a cabo estas actividades será no Salón de Actos da Facultade de Medicina e, como ledes no cartaz, terán un prezo de cinco euros polo total dos tres días.
Agardamos vervos alí e que traigades aos vosos pais, irmás, curmáns, tías e a quen vos pete, VÉMONOS O LUNS!!!!!!