Ultima hora sobre a saída a Panxón

2 views
Skip to first unread message

portal asac

unread,
Sep 12, 2011, 3:17:20 PM9/12/11
to maillist ASAC
Tedes a información completa no noso portal (www.altascapacidades.org)

23-25 DE SETEMBRO 2011

As 71 persoas inscritas serán distribuídas en habitacións dobres,
triples e cuádruples. As ocuparán a habitación asignada pola
organización da residencia. Dado que a Residencia non ten ascensor,
temos que comunicar con antelación as persoas con problemas de
mobilidade e as que precisan habitación adaptada. Todas as habitacións
dispoñen de roupa de cama e de aseo polo que só hai que levar útiles
de asea (xel, champú, secador...).

Os horarios das comidas son os seguintes:

almorzo de 9:00h a 10:00h,
xantar de 14:00h a 15:00h
cea de 20:30h a 21:30h.

Hora límite de entrada o venres para que poidan preparar a cea:

Con cea: 19.30h
Sen cea : 23h

Se non chegades a cear, por favor, enviade un mail a ASAC avisando de
que chegades despois da cea.

A saída é o domingo despois do xantar, se alguén non ten pensado
quedar a cear, hai que avisar o sábado antes das 22h.

Actividades que se poden realizar no centro:

O centro dispón de 2 espazos, un con mesas e outro con Tv e lector de
DVD, no que se poden desenvolver actividades se non se poden realizar
actividades ao aire libre por mal tempo, as persoas que queirades
levar algunha película ou xogo de mesa podedes levalo, no centro hai
algún pero probablemente non cheguen para todos.

Ao lado da Residencia hai un pequeno parque infantil e a praia está
tamén ao lado, polo que se fai bo tempo poderemos gozar de paseos pola
praia ou polo paseo marítimo que chega hasta Baiona.


O sábado 24 setembro temos programada unha excursión ao Monte Santa
Trega. Punto de encontro: ás 11:30 da mañá no castro de Santa Trega.

A taxa de subida ao monte é 0,80 € adultos e 0,30 € nenos. (Tede
preparado o importe para que a entrada ao monte sexa o máis fluída
posible)

Dende o castro subida a pé visitando casa forestal, vía crucis, ermida
e finalmente visita libre no museo. Duración prevista do percorrido:
90 min.

Logo, se o tempo o permite comeremos de bocadillo no monte, se fai mal
tempo regresaremos á Residencia. Temos que avisar o xoves 22 de
setembro se comeremos de bocadillo o sábado para preparárnolo ou pola
contra preparar comida na Residencia.

Vémonos o 23 en Panxón!
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages