portal asac
unread,Oct 31, 2011, 2:39:26 PM10/31/11Sign in to reply to author
Sign in to forward
You do not have permission to delete messages in this group
Either email addresses are anonymous for this group or you need the view member email addresses permission to view the original message
to maillist ASAC
Este sábado, 29 de outubro de 2011, constituíse en Madrid a
Confederación Española de Altas Capacidades Intelectuales, CONFINES,
confederación da que ASAC é membro fundador tal e como foi decidido
polos seus socios na asamblea extraordinaria celebrada recentemente.
CONFINES está formada inicialmente por 13 asociacións de familias de
nenos de altas capacidades, asociacións que estiveron representadas na
xuntanza e asinaron a acta fundacional así como os estatutos da
confederación. A confederación seguro que seguirá medrando coas novas
asociacións que se acheguen multiplicando así a forza que podamos
xerar.
As asociación fundadoras son :
ACTEF, Eivissa y Formentera
ADOSSE, Sevilla
AESAC, Madrid
AESI, Madrid
APADAC, Asturias
Areté, Huelva
ASA, Málaga
ASAC, Galicia
ASGRAN, Granada
FANJAC, Cataluña-Euskadi
FANS, Canarias
FASI, Andalucía
Sin Limites, Aragón
Despois da formación constituíse a primeira xuntanza de elección da
xunta directiva e planificación dos traballos a realizar. Tódalas
asociacións teñen representación directa na Xunta directiva,
conseguindo así ter dispersión xeográfica e implicación de todas as
partes. Cabe saliantar a grande forza, tempo prestado e implicación de
todas as asociacións nos traballos tanto realizados como os que foron
programados.
A xunta directiva actual de CONFINES queda estructurada do seguinte
modo:
Presidencia
Vicepresidencia
Secretaria
Tesorería
Vogal de Informática
Vogal de Pedagoxía
Vogal de boas prácticas extranxeiras
Vogal de boas prácticas españolas
Vogal de actividades
Vogal de medios de comunicación
Vogal de subvenciones
Vogal de formación
Vogal de asesoramento xurídico
Vogal de relación con outras realidades
O plan de traballos xa está establecido e en marcha por cada unha das
seccións, en breve terá os seus froitos.