O Kilt Gallaecia foi apresentado oficialmente por primeira vez diante
do público australiano dentro das celebracións do famoso Woodford Folk
Festival a finais do pasado Decembro de 2008.
O Kilt Gallaecia apareceu representando a Galiza como parte dunha
actuación de música celta, onde os membros dun grupo coral actuaron
vestidos cos kilts nacionais das sete nacións celtas.
Os membros do grupo de música celta actuaron vestidos con kilts en
tartan Irish National para representar a Irlanda, Welsh National,
Cornish National e Brittany National para representar a Gales,
Cornualla e Bretaña respectivamente, e o kilt en tartan Gallaecia -
Galicia National para representar ao noso país.
Na imaxe subida á sección de fotos da rolda podedes ver no escenario a
catro membros do coro vestidos en Kilt Gallaecia, presentando ao
público o tartán nacional galego antes da actuación intercéltiga.
http://kilteirosgalegos.googlegroups.com/web/Woodford_Folk_Festival_2008.jpg
O festival folk de Woodford, no Estado de Queensland, Australia, é o
festival folclórico máis importante do Hemisferio Sul. Nel danse cita
todos os anos grupos de músicas tradicionais da Europa, Australasia e
América.
Website do Woodford Folk Festival:
www.woodfordfolkfestival.com
Imaxes dos tartans nacionais doutros países
celtas:
www.tartan.galician.org/kilt.htm#revivalismo_celta