O Kilt Gallaecia aparecerá por primeira vez diante do público
australiano dentro das celebracións do famoso Woodford Folk Festival.
O festival folk de Woodford, no Estado de Queensland, Australia, é o
festival folclórico máis importante do Hemisferio Sul. Nel danse cita
todos os anos grupos de músicas tradicionais da Europa, Australasia e
América.
O Kilt Gallaecia aparecerá representando a Galiza como parte dunha
actuación de música celta, onde os membros do grupo actuarán vestidos
cos kilts nacionais das sete nacións celtas.
Os membros do grupo de música celta actuarán vestidos con kilts en
tartan Irish National para representar a Irlanda, Welsh National,
Cornish National e Brittany National para representar a Gales,
Cornualla e Bretaña respectivamente, e o kilt en tartan Gallaecia -
Galicia National para representar ao noso país.
Website do Woodford Folk Festival:
www.woodfordfolkfestival.com
Imaxes dos tartans nacionais doutros países celtas:
www.tartan.galician.org/kilt.htm#revivalismo_celta