Prezado/a Director/a,
Achegámoslle unha ligazón onde se podeconsultar a resolución provisional do concurso xeral de traslados do corpo de mestres.
Tamén se publica hoxe no DOG a ORDE do 14 de marzo de 2012 pola que se modifica parcialmente a Orde do 28 de xuño de 2006 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizo e por petición da interesada ou interesado, dos funcionarios dos corpos docentes en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral.
Pregámoslle reenvíe este correo ao profesorado do seu centro
Saúdos cordiais
CIG-Ensino