Fwd: Lanzamento das GalApps para iOS

0 views
Skip to first unread message

IES A GUIA

unread,
Feb 14, 2012, 6:20:22 AM2/14/12
to INFORMACIÓN SINDICAL

Equipo Directivo IES A GUÍA
www.edu.xunta.es/centros/iesguia
www.facebook.com/IESAGUIA



---------- Forwarded message ----------
From: GalApps <cont...@galapps.es>
Date: 2012/2/14
Subject: Lanzamento das GalApps para iOS
To:


Bos días,


Poñémonos en contacto con vós para darvos a coñecer o lanzamento das aplicacións de #GalApps – TODA A LINGUA GALEGA NO TEU PETO (ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego) para iOS (iPhone e iPad).


Hai dous meses aproximadamente publicamos as mesmas aplicacións para Android, e entre as tres suman máis de 5000 descargas, o cal é boa proba da excelente acollida que tiveron. Constitúen unha suite de aplicacións da lingua galega que permiten conxugar verbos en galego (ConxuGalego), buscar o significado de termos galegos (DicionarioGalego) e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa (TradutorGalego). O galego, coas GalApps, convírtese na primeira lingua que dispón dunha suite de aplicacións para as dúas principais plataformas móbiles.


As aplicacións pódense descargar de balde na AppStore de Apple. Por suposto, tamén siguen dispoñibles no Android Market. Están dispoñibles a través dos seguintes enlaces:


ConxuGalego (AppStore) (Android Market)

DicionarioGalego (AppStore) (Android Market)

TradutorGalego (AppStore) (Android Market)


Os autores somos: Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta.


O motivo deste correo é poñervos en coñecemento deste lanzamento. Consideramos que estas aplicacións supoñen un recurso educativo, lingüístico e cultural importante, xa que supoñen unha achega da lingua ás novas tecnoloxías. Tamén entendemos que poden ser moi útiles para diversos colectivos, como en entornos educativos, institutos, colexios, etc.


Podedes botar un ollo á nosa web, http://galapps.es, e á nosa conta de Twitter, co usuario @GalApps (http://twitter.com/GalApps), onde desenvolvemos a meirande parte da nosa actividade na rede: informamos das actualizacións (sempre de balde) das aplicacións, etc.


Nada máis, simplemente agradecervos de antemán todo o apoio, en canto á difusión das aplicacións, que nos poidades dar. Agardamos que esta iniciativa vos pareza interesante, e non dubidedes en poñervos en contacto con nós para calquera cousa: dúbidas, suxerencias, críticas... Un saúdo dos creadores de GalApps.


GalApps – http://galapps.es - @GalApps






Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages