Gracias Dani polo envía da acta. Eu, se finalmente se convoca a
reunión, intentareime pasarme.
Por otra banda, e cambiado totalmente de tema, poderíames facilitado
correo da Asociación de Veciños? É por un tema alleo ao das hortas,
pero necesito solicitar un local para unha actividade e quero
preguntar
(para canta capacidade é o local proximadamente?)
Gracias!
2012/9/12, Daniel Díaz Grandío <
ddgr...@gmail.com>:
> Esta semana descubrín problemas na lista de correo. Ademáis, como hai novas
> incorporacións, reenvío a acta feita da primeira reunión (e polo de agora
> única) no mes de xullo:
>
> 19.30h no local da Asociación de Veciños Uxío Carré de Eirís
>
> Asistentes:
> Ana, Jose, Marc e Benito Santín, Dani e a pequena Uxía
>
> Aproveitamos a ocasión para presentarnos. Todos os presentes son veciños do
> barrio de Eirís aínda que de diferentes zonas.
>
> Daniel presentou o caso de Hortas Feáns, xente coa que mantivo a semana
> anterior unha reunión informativa na que se lle explicou o seu proceso de
> constitución, como conseguiron as fincas etc...
>
> *REUNIÓN CON HORTAS FEÁNS*
> *O NOSO PUNTO DE PARTIDA*
>
> En canto ó noso caso, presumo un bó punto de partida. Engado un + ou -
> diante de cada un para remarcar as posibilidades ou o caracter positivo ou
> negativo
>
> *-* A opción de solicitar terreos de titularidade pública non augura
> viabilidade. Xustamente onte no pleno do concello saíu unha moción sobre
> hortas urbanas. O goberno municipal dixo que este ano só habería asignación
> para hortas urbanas en Novo Mesoiro e non parece que teñan moita intención
> polo de agora en aumentar a asignación ou dar apoio sequera a iniciativas
> non públicas (ver caso de Hortas Agra do
> Orzán<
http://www.15m-acoruna.com/agradoorzan/?p=2613>,
> que comezaron unhas semanas antes que nós, pero que na miña opinión están
> tomando unha serie de malas decisións)
>
> *-* Había un proxecto de hortas urbanas no parque de Eirís, pero está todo
> parado e sen visos de ir cara adiante según a asociación de veciños,
> confirmada polo propio concello no pleno desta semana (
>
http://goo.gl/maps/BkQO)
>
> *+* Temos acceso á Asociación de Veciños e parece que terían boa
> disposición
>
> *+ *No caso de querer constituirnos en asociación, contamos coa
> documentación xerada polo grupo de Feáns que axilizaría o proceso
>
> *+ *A priori, antes de comezar co proceso de identificación de parcelas,
> existen varios lugares con posibilidades preto dos lugares habitados do
> barrio o que reduce os desprazamentos
>
> *OS SEGUINTES PASOS A TOMAR*
> *
> *
> - Tomar contacto coa Asociación de Veciños (moi importante de cara a ter
> contacto cos donos das parcelas)
>
> - ¿Constitución de asociación? Non teño experiencia en este proceso e
> ignoro se ten algún custo económico, o cal teríamos que valorar. Se alguén
> pode botar un ollo ou ten experiencias previas, agradécese a súa
> colaboración
>
> - Programar outra reunión. É moi importante que nos coñezamos e nos vexamos
> as caras. A miña proposta, a semana que vén, por exemplo martes 17 ás
> 19.30h no mesmo luga <
http://ocampodafresa.org/centro-civico/>r
>
> *ORGANIZACIÓN INTERNA E COMUNICACIÓN (MOI IMPORTANTE!)*
>
> - Tamén é importante que definamos as nosas posturas en canto a implicación
> no proxecto e pediría sinceridade absoluta. Simplemente temos que saber con
> canta xente podemos contar para botar a andar esto.
>
>
> - Quero traballar por que esto saia adiante. Estamos nunha fase inicial que
> vai requerir inversión de horas (non vos asustedes, non moitas)
>
> - Non quero invertir tempo agora, prefiro esperar a que esté todo feito e
> obter unha parcela
>
>
> - Para facilitar a comunicación contamos cunha lista de correo que sería
> máis cómodo para todos. Enviarei a invitación a todos os que estades en
> este correo. Se queredes optar pola primeira vía agradecería que
> aceptarades a invitación para facilitar o proceso. Se queredes optar pola
> segunda vía poderedes aceptar a invitación ou optar por informarvos
> mediante o blogue á espera de que a iniciativa salga adiante
>
>
> Un saúdo!
>
>
> --
> Daniel Díaz Grandío
>
> --
> Has recibido este mensaje porque estás suscrito al grupo "Hortas urbanas
> barrio de Eirís" de Grupos de Google.
> Para publicar una entrada en este grupo, envía un correo electrónico a
>
hortas-urbanas-...@googlegroups.com.
> Para anular tu suscripción a este grupo, envía un correo electrónico a
>
hortas-urbanas-barrio...@googlegroups.com
> Para obtener más opciones, visita
https://groups.google.com/groups/opt_out.
>
>
>
--
Pablo Otero
+34 686.53.04.37
skype: pablo.otero.otero
http://about.me/pablo.otero