Encaminho por se é do vosso interesse!
-------- Mensaxe orixinal --------
DESAFIANDO FRONTEIRAS
Reflexionar sobre as migracións para comprender as desigualdades
Achégate ás migracións desde unha ollada feminista, de forma dinámica e participativa!
Sábado 26 de maio de 11 a 14hs
Casa do Matadoiro
(pza do Matadoiro, s/n, Compostela)
O espazo Raias Traveseiras e o Foro da Inmigración organizamos este obradoiro para ofrecer formación teórico-política á todas as persoas interesadas en achegarse á realidade dos fluxos migratorios desde unha perspectiva feminista crítica.
Todas somos susceptibles de vivir unha experiencia migratoria, sexa unha migración internacional, rural-urbana, na nosa identidade ou orientación do desexo.
Acreditamos que a través do traballo vivencial e da reflexión colectiva podemos chegar a comprender a trama de factores que atravesan os fluxos migratorios e o papel que desempeñan no actual contexto de globalización patriarcal-capitalista.
Esta proposta está pensada para persoas intersadas na realidade das políticas migratorias e de control de fronteiras no Estado español e no contexto europeo. Tamén para áquelas que xa están a traballar na defensa dos dereitos das persoas migrantes e desexan afondar na análise para enriquecer a súa laboura, xerando accións e campañas de maior incidencia e potencial transformador.
Raias Traveseiras é un espazo de denuncia das políticas capitalistas, migratorias e patriarcais e de construción coletiva de discursos e prácticas para acadar vidas que merezan a alegría vivir. Actuamos facendo sensibilización e denuncia, formación e creación de pensamento crítico, e impulso de iniciativas de transformación social.
Información e inscricións (prazas limitadas):
raias.tra...@riseup.net
Maria Fidalgo 687 368 314 / Eva Gil 687 663 015
Axuntamos cartaz e pregamos difusión!
Mari Fidalgo
"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?" Audre Lorde
Mari Fidalgo
"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?" Audre Lorde