Gravidade 0.0 - Todo Sobre Eva -"Todo Sobre Eva" no Teatrro Ensalle de Vigo (r/ Chile nº 12, baixo)Venres 30 de Xuño ás 22hSábado 1 de Xullo ás 22hDomingo 2 de Xullo ás 21hReserva de entradas:
986 48 56 09
http://teatroensalle.com/espectaculos/todo-sobre-eva/?event_date=2017-06-30Recoñézome, recoñézote. O que fun, o que son. O que non tiña de ser e foi. O que non foi e puido ser e podería ser que fose. Podería ser que as agullas do reloxo retrocedesen o seu paso cara atrás; que tornasen os soños, os anhelos, as esperanzas, as ilusións perdidas menosprezadas esquecidas roubadas defraudadas frustradas.. e volver reconstruír, reconstruírme, reconstruírte. Podería ser, ti eu, mesma danza no vértice do abismo, remuíño de corpos a esvarar no ar. Abaixo arriba, o desequilibrio a manternos firmes. Todas Somos Eva.
Ficha artística
Texto: Xandra Táboas. Todo Sobre Eva, Premio (ex aequo) MIT Ribadavia Abrente 2016.
Dirección: Diana Mera.
Asistencia Creativa: Lailarina Kenoesbailarina.
Interpretación: Andrea Dunia Díaz, Lucía Hernández, Paula Pier.
Deseño Espacial: José Faro “Coti”.
Deseño de Iluminación/Espazo Sonoro: Xandra Táboas.
Asistencia Técnica: Carlos Vidal.
Vestiario: Carlos Pinilla.
Fotografía: Raquel Brandian.
Deseño Gráfico: Bibiana Hermida, Teatro Ensalle
Co-produción: Gravidade 0.0, ESAD de Galicia.
Agradecementos ó grupo musical Sin Red pola cesión da peza “Rebaño y libre”. Tamén ós Concellos de A Cañiza e Carballeda, á ESAD de Galicia e ó Teatro Ensalle por abrirnos as portas dos seus espazos como residencia artística.
Facebook: Todas Somos Eva / Todo Sobre Eva