V SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS
Sen nós non se move o mundo!
Fronte a violencia patriarcal, autoorganización e apoio mutuo
no emprego do fogar
Nos últimos cinco anos o Foro Galego da Inmigración adica unha semana a visibilizar as fronteiras que separan as persoas migrantes do conxunto da poboación, restrinxindo o seu acceso a dereitos e liberdades.
Nese traballo de sensibilización abordamos tanto as fronterias exteriores e os mecanismos represivos da política migratoria española como tamén outras barreiras moito mais sutís ou que permanecen invisíbeis para a meirande parte da cidadanía.
Desta volta, trataremos as fronteiras no acceso a dereitos laborais, en concreto nun sector ocupado maioritariamente por mulleres migradas como é o emprego do fogar e de coidados.
A través de traballadoras organizadas nun espazo autónomo imos coñecer a súa experiencia, ben como a laboura que están a facer na asociación e nas redes estatais para derrubar as fronteiras no acceso a dereitos laborais e sociais como pode ser o recoñecemento á prestación por desemprego para esas traballadoras.
A actividade tamén se enmarca no contexto de denuncia das violencias machistas, ao coincidir en data co vinte e cinco de novembro. Fronte a violencia estrutural, económica e laboral á que están sometidas as traballadoras do fogar e de coidados a organización e o apoio mutuo son ferramentas de autodefensa fundamentais para construír vida dignas, plenas, en liberdade e sen violencia.
Acompañarannos Jackeline, Roxana e Nadir da Asociación Sociocultural NOSOTRAS por los cuidados y el empleo de hogar de Granada que nos van falar en primeira mán do seu proceso organizativo, das súas loitas, soños e enredos.
A revista feminista Píkara Magazine adicoulles unha entrevista que se pode ler aquí: http://www.pikaramagazine.com/2017/08/cuidate-para-cuidar-las-trabajadoras-del-hogar-mueven-el-mundo/
Aquí un vídeo que fixeron o 30 de marzo, Día Internacional das Traballadoras do Fogar: https://t.co/gj9JE0vPvf
PROGRAMA:
24/11 venres
CORUÑA Actividade pola mañá con mulleres do sector dos coidados e emprego do fogar
FERROL 19:30hs Ateneo Ferrolán Mesa redonda “DEREITOS E ABUSOS NA EMPREGADA DO FORGAR” ás 19:30hs no. Con Roxana, Jackeline e Nadir (Asociación NOSOTRAS), Luca Chao e Saínza Ruiz.
25/11 sábado
COMPOSTELA 17:00hs Espazo Matadoiro Conversatorio “SEN NÓS NON SE MOVE O MUNDO. Auto organzación e apoio mutuo nos coidados e emprego do fogar” . Dinamizan: Roxana, Jackeline e Nadir (Asociación NOSOTRAS)
Axuntamos cartaz da actividade en Compostela e Ferrol.
Mari Fidalgo
"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?" Audre Lorde
Mari Fidalgo
"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?" Audre Lorde
--
Para anular a túa subscrición a este grupo, envía un correo electrónico a gto-teatro-dx-oprimidx+unsub...@googlegroups.com.
---
Has recibido este mensaje porque estás suscrito al grupo "GTO.Teatro dx Oprimidx" de Grupos de Google.
Para cancelar la suscripción a este grupo y dejar de recibir sus mensajes, envía un correo electrónico a gto-teatro-dx-oprimidx+unsub...@googlegroups.com.
Para acceder a más opciones, visita https://groups.google.com/d/optout.
--
Para anular a túa subscrición a este grupo, envía un correo electrónico a gto-teatro-dx-oprimidx+unsubscri...@googlegroups.com.
---
Has recibido este mensaje porque estás suscrito al grupo "GTO.Teatro dx Oprimidx" de Grupos de Google.
Para cancelar la suscripción a este grupo y dejar de recibir sus mensajes, envía un correo electrónico a gto-teatro-dx-oprimidx+unsubscri...@googlegroups.com.