Convocamos a toda a xente de Compostela a tomar as rúas e mobilizarse o vindeiro domingo
1º de Maio
na gran
MANIFESTACIÓN ANTICAPITALISTA
que partirá ás
19:00 horas
DA PORTA DO CAMIÑO
“CONTRA A EUROPA CRIMINAL DO RACISMO E A DESIGUALDADE”
Distintos colectivos, entidades e sindicatos alternativos puxémonos de acordo para tomar as rúas de Compostela ao considerar que é urxente confluirmos para para conseguir unir todas as voces e corpos nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o capital.
Reunidos en asembleas, o CS Sar, o CS Escarnio, Mugre, o SLG, Stop Desafiuzamentos, Xeira, Pallasxs en Rebeldía, SAGAP, o STEG, o Foro Galego de Inmigración e CUT Compostela, fomos quen de acordar celebrar unha manifestación unitaria, anticapitalista e sen siglas na convocatoria, coa firme convicción de que é tempo da unidade de todas as loitas para defender as nosas vidas. Aberta aínda a incorporación doutras organizacións que se puideran sumar, acordamos tamén liberdade para acudir con siglas á mani, pedindo moderación ou autocontención á hora de exhibir as diversas simboloxías. Xa están elaborados un cartaz de convocatoria e un manifesto final comúns. Tamén a faixa da cabeceira da mani será sen siglas.
Vémonos ás 19 horas do domingo na Porta do Camiño.
Apertas
e saúde de parte de toda a xente da organización!